A ponte de Pontecesures é unha ponte que une as vilas de Santa María de Iria Flavia (Padrón) e San Xulián de Pontecesures (Pontecesures) a vez que as provincias da Coruña e Pontevedra. Salva o río Ulla, cerca da súa desembocadura, e por ela discorre a estrada N-550 é o camiño Portugués.
Historia A historia local afirma que esta ponte é de orixe romana, levantada entre os anos 25 a. C. e o século I d. C. e o seu nome procede do vocablo Pons Caesaris (Ponte do César) polo que sería levantada por orde do emperador César Augusto. Outras voces como a do historiador padronés Eloy Rodríguez, afirman que non existe ningún elemento romano pero non descartan a posibilidade de que no lugar ou moi cerca existira unha ponte romana. Segundo Eloy a ponte é de orixe medieval con diversas modificacións posteriores que modificaron notablemente a súa estrutura orixinal. Da mesma maneira tamén se discute o topónimo que podería vir de cessuris ou censuris xa que a ponte servía para levar a cabo o censo romano, que controlaba o número de habitantes e o pago dos tributos.
Sufriu varias reformas ao longo da súa historia. Unha das máis relevantes foi a do ano 1611 levada a cabo polo Mestre Mateu (autor do Pórtico da Gloria). Posteriormente tamén foi restaurada en 1790, 1911 e 1956.
Características Consta de trece arcos, uns con bóvedas oxivais e outros de medio punto.
Galería
Notas
Categoría:Pontecesures Categoría:Pontes de Galicia Categoría:Río Ulla Categoría:Padrón