Heartstopper é un cómic de literatura xuvenil LGBT, publicado en inglés en 2019 e presentado inicialmente baixo o formato de webcómic en 2016, escrito e ilustrado pola autora británica Alice Oseman, cuxa historia está dividida en varios volumes. Conta cunha adaptación homónima a serie de televisión en 2022.

Os cinco primeiros volumes da saga foron publicados en galego ao longo dos anos 2024 e 2025 por Edicións Xerais coa tradución de Nee Barros e asesoría de Éric Dopazo. O sexto volume aínda non foi publicado, tendo a data prevista de publicación na lingua orixinal en xullo de 2026.

Argumento Heartstopper aborda o tema dun amor homosexual sen grandes traxedias e con naturalidade. Charlie e Nick, os protagonistas da historia, están no mesmo instituto, e comezan a coñecerse. Axiña se fan amigos, e Charlie namora de Nick, aínda que pensa que non ten ningunha oportunidade.

Temas e estilo literario Heartsttoper retrata o amor, as relacións na adolescencia, a diversidade das persoas do colectivo LGBT e a saúde mental, entre outros temas, cun estilo informal e un ton romántico a través dunha banda deseñada de debuxos de trazos aparentemente sinxelos en branco e negro.

Recepción crítica O lanzamento da obra en galego xerou certa repercusión nos medios debido á popularidade previa da obra, considerada un best-seller e que xa contaba con tradución noutras linguas da contorna, como castelán, portugués, ou catalán; e a que presente referentes en lingua galega cos que se poden identificar as persoas do colectivo LGBT, e tamén como un xeito de achegar á mocidade galega obras actuais na súa lingua.

Personaxes

Charles "Charlie" Spring Nicholas "Nick" Nelson Tao Xu Victoria "Tori" Elle Argent Tara Jones Darcy Olsson Aled Last Benjamin "Ben" Hope Harry Greene Oliver "Ollie" Spring Nellie Nelson

Volumes +VolumePublicación orixinalSubtítulo en galegoPublicación en galegoHeartstopper. 1Febreiro 2019Rapaz coñece rapazSetembro 2024Heartstopper. 2Xullo 2019[sen subtítulo]Novembro 2024Heartstopper. 3Febreiro 2020[sen subtítulo]Marzo 2025Heartstopper. 4Maio 2021[sen subtítulo][Xuño 2025]Heartstopper. 5Decembro 2023[en espera][en espera]Heartstopper. 6[en espera][en espera][en espera]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Webcómic Heartstopper (en Tumblr) Serie Heartstopper (en Netflix)

Categoría:Obras de banda deseñada Categoría:Literatura LGBT Categoría:Obras literarias en inglés