Abril Camino, pseudónimo de Rocío Otero, nada en Lugo o 4 de decembro de 1980, é unha escritora galega en castelán e galego.

Traxectoria Aínda que nada en Lugo, a súa vida está moi ligada á Coruña e a Foz. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e Filoloxía Inglesa na UNED, fixo un mestrado en Edición e impartiu aulas de castelán, galego e inglés. Tamén ten traballado de guionista, correctora, tradutora e editora. Impartiu obradoiros de Escritura Creativa na Universidade da Coruña, dirixe unha empresa de servizos editoriais e é coautora do podcast de temática literaria «Desquiciadas de libro».

É autora de vinte novelas en castelán, a medio camiño entre a novela romántica, a ficción narrativa e o xénero sentimental.

En 2025 gañou o Premio Xerais de Novela con Mulleres que viven xuntas. Unha novela que interpela para reflexionar sobre as repercusións da orientación sexual e sobre as enormes dificultades a que algunhas persoas se tiveron que enfrontar durante a  represión franquista e mesmo na democracia.

Obra

Galego

Mulleres que viven xuntas (2025). Vigo: Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-739-6. ePub: ISBN 978-84-1110-746-4. miniatura|Presentación de Mulleres que viven xuntas con Fran Alonso e Abril Camino. Libraría Miranda no Centro Social do Mar de Bueu. 29 de outubro de 2025

Castelán

Te quise como si fuera posible (2017). Camino. ISBN 978-1-9810-9204-8. Como te veo yo (2017). Amazon. En una casa blanca a la orilla del mar (2018). Createspace. ISBN 978-1-9810-9204-8. Mi mundo en tus ojos. (2018). Titania. ISBN 978-84-16327-50-8. 384 páxs. Imposible canción de amor (2019). Penguin Random House. ISBN 978-84-666-6565-0. 512 páxs. El ayer, nosotros y un mañana imposible (2020). 375 páxs. La vida después de ella (2020). Ed. de autor. 246 páxs. Londres contigo (2020). Amazon. 380 páxs. ISBN 9798551367208. La magia estaba en su mirada (2021). 460 páxs. Las 27 citas de Charlotte May (2022). Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-26187-2. 384 páxs. Nuestro último verano en la isla (2024). Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-28234-1. 368 páxs. La petición de Olivia (2024). Editorial Planeta. ISBN 978-84-08-28298-3. 512 páxs. Notas

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Gañadores do Premio Xerais Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña