A Secretaría Xeral de Universidades é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do Sistema Universitario de Galicia. É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O seu titular actual é José Alberto Díez de Castro.
Funcións Correspóndelle exercer as competencias e funcións seguintes:
Planificar a oferta de ensino universitario na Comunidade Autónoma de Galicia, en coordinación coas universidades galegas, incidindo na mellora continua do Sistema universitario de Galicia e na súa conexión e adaptación ao contorno, para dar resposta ás necesidades da sociedade actual. Elaborar o plan autonómico de financiamento universitario que, respondendo aos principios de estabilidade financeira, suficiencia, eficiencia e equidade institucional e territorial, proporcione ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia os recursos necesarios para o desenvolvemento das funcións de docencia, investigación e transferencia e teña en conta os resultados acadados por cada unha das institucións para a rendición de contas á sociedade galega. Fomentar a excelencia dos campus universitarios e emitir informe sobre a creación dos campus de especialización e a creación das estruturas de investigación. Promoción e xestión eficiente e integradora dos recursos e capacidades de investigación do Sistema universitario de Galicia para a súa posta en valor no marco do sistema de innovación e, particularmente, a promoción da coordinación das universidades galegas no establecemento de programas, infraestruturas e actuacións en materia de investigación. Contribuír á ordenación e complementariedade das capacidades investigadoras do Sistema universitario de Galicia, seguindo criterios de excelencia e consolidación no ámbito dos obxectivos que establezan os plans do Goberno galego en materia de investigación e innovación. Contribuír ao fortalecemento da cohesión social e ao principio de igualdade de acceso ao ensino universitario mediante accións de apoio ao estudantado fomentando o esforzo e a excelencia. Tramitar os recursos administrativos relacionados coas competencias da Secretaría Xeral de Universidades. Tramitar e resolver as solicitudes de acceso á información pública correspondentes a materias de competencia da Secretaría Xeral de Universidades. As funcións determinadas pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, non atribuídas a ningún outro órgano superior. Promover accións para impulsar a aplicación transversal do principio de igualdade por razón de xénero no ámbito universitario. Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.
Órganos Baixo a súa dependencia, a Secretaría Xeral de Universidades, para o cumprimento das competencias e funcións encomendadas, contará cos seguintes órganos:
Subdirección Xeral de Universidades. Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria.
Historia En maio de 2025, a singularidade de máster universitario excluíu o máster en matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, creando a plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC.
Notas
Categoría:Universidades de Galicia Categoría:Xunta de Galicia