Manuel Riveiro Barreiro, nado na Baña cara a 1895 e finado no Lameiro o 20 de agosto de 1980, foi un agrarista e xornalista galego.
Traxectoria
Emigrou a Cuba e integrouse na Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa, da que foi presidente en 1929.Ideal Gallego, 28-2-1929, p. 3. Retornou a Galicia na Segunda República e dirixiu La Voz de Barcala. Na época final do franqusimo foi presidente do teleclub de Barcala.La Voz de Galicia, 19-3-1970, p. 10. Finou no Lameiro (Barcala) o 20 de agosto de 1980.La Voz de Galicia, 21-8-1980, p. 53.
Vida persoal
Casou con María Dolores García Antelo, que finou en novembro de 1977,La Voz de Galicia, 17-11-1977, p. 61. e foi pai de María e Celestino Riveiro García. Notas
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Personalidades do agrarismo
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Nados na Baña Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1980