O XIII Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes, tivo lugar do 1 ao 8 de xullo de 1989 en Pionyang, capital da República Popular e Democrática de Corea, máis coñecido como Corea do Norte. A cidade organizadora foi elixida pola Federación Mundial da Mocidade Democrática e o evento reuniu a 22.000 participantes de 177 países distintos.

Para este evento, o goberno norcoreano iniciou a construción de varios edificios monumentais, entre eles o Estadio Rungrado Primeiro de Maio. O estadio recibiu a súa inauguración oficial o 1 de maio de 1989, no Día Internacional dos Traballadores.

O Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes inaugurouse o 1 de xullo cunha marcha no Estadio Rungrado Primeiro de Maio. Durante os seguintes oito días realizáronse diversos eventos sociais, culturais, políticos e deportivos. A lema do festival foi a seguinte:

"Pola solidariedade, a paz e a amizade antiimperialistas".

O goberno de Corea do Sur impedía a participación dos surcoreanos pois era ilegal para os seus residentes viaxar a Corea do Norte, mais a estudante Lim Su-kyung, que era membro da organización esquerdista Jeondaehyop, participou sen permiso despois de viaxar en avión a través do Xapón e Berlín Leste, e aterrar no Aeroporto Internacional de Sunan o 30 de xuño de 1989, sen o coñecemento das autoridades de Corea do Sur ou do Norte. Foi alcumada: "A flor da unificación", e fíxose moi famosa durante o festival. Regresou a Corea do Sur a través de Panmunjom. Cando volveu a Corea do Sur foi arrestada e sentenciada a 5 anos de prisión pola súa viaxe.

Notas

Categoría:Festival Mundial da Mocidade e os Estudantes Categoría:1989 Categoría:Corea do Norte