Radio Valga é unha emisora de radio pública do concello de Valga.
Descrición Comezou a emitir o 15 de maio de 1999, transmite na frecuencia 107.9 FM e ten a súa sede na planta baixa do edificio administrativo do concello, na praza Manuel Vicente Cousiño de Valga (Pontevedra), que tamén alberga a biblioteca municipal e o xulgado de paz. A xestión da emisora realízase de forma indirecta mediante unha concesión administrativa, sendo dende o ano 2005 Héctor Bermúdez Touceda o director da radio. Pódese escoitar en Valga e en toda a súa contorna.
Notas
Valga, Radio Categoría:Valga