Moana 2 é un filme estadounidense de 2024 producido por Walt Disney Animation Studios. É o segundo filme da franquía Moana, dirixido por David Derrick Jr., Jason Hand e Dana Ledoux Miller a partir dun guión de Miller e o produtor executivo Jared Bush. Auliʻi Cravalho e Dwayne Johnson retoman os seus papeis do filme orixinal. Ambientada tres anos despois dos eventos do primeiro filme, segue a Moana e ao semideus Maui na procura dunha illa perdida, Motufetu, para romper unha maldición e reconectar a xente do océano.

A secuela de Moana foi concibida orixinalmente como unha miniserie para Disney+, mais en febreiro de 2024 retraballouse como unha longametraxe de estrea en cinemas. Mark Mancina e Opetaia Foaʻi, os compositores e autores da banda sonora orixinal, regresaron como compositores, e Abigail Barlow e Emily Bear substituíron a Lin-Manuel Miranda como autores.

Moana 2 estreouse no Instituto Cultural Lanikuhonua de Kapolei, Hawai, o 21 de novembro de 2024, e a través de Walt Disney Studios Motion Pictures nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de novembro dese ano. Recadou 1.059 millóns de dólares en todo o mundo, superando ao seu predecesor e converténdose no terceiro filme con maior recadación de 2024.

Personaxes Auli'i Cravalho como Moana Dwayne Johnson como Maui Temuera Morrison como Tui Nicole Scherzinger como Sina Khaleesi Lambert-Tsuda como Simea Rose Matafeo como Loto David Fane como Kele Hualālai Chung como Moni Alan Tudyk como Heihei Awhimai Fraser como Matangi

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Derrick Jr. Categoría:Filmes animados baseados en mitoloxía Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América