John Chetauya Nwankwo Donald, nado en Murcia o 25 de setembro de 2000, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo no Elche, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Real Murcia e do Villarreal. Debutou co Villarreal C na Terceira División o 24 de agosto de 2019, nunha vitoria por 0-3 contra o Recambios Colón.

En setembro de 2020 fichou polo Elche Ilicitano, da mesma categoría. O 16 de decembro de 2020 debutou co primeiro equipo do Elche na Copa do Rei, saíndo como titular e marcando un gol en propia meta nunha vitoria por 1-2 contra o CD Buñol. Tres días despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, contra o Atlético de Madrid, sendo substituído ao descanso.

En maio de 2023 subiu definitivamente ao primeiro equipo, adestrado por Sebastián Beccacece.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Murcia Categoría:Españois de ascendencia nixeriana Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Villarreal CF C Categoría:Xogadores do Elche CF Ilicitano Categoría:Xogadores do Elche CF