O traxe de chulapa (chula madrileña) é o típico de finais do século XIX en Madrid. o 15 de maio, día de Sidro Labrego, as "manolas" adoitan vestir con el. Descrición
Consta de saia longa cinguida nas cadeiras e con amplo vo no baixo, realzado ás veces por un gran volante inferior; mangas de farol no corpo ou blusa, estreita por abaixo, e sobre os ombreiros o rico mantón de Manila, de seda, bordados de cores e amplos flocos; ou o «alfombrado» de la ou con debuxo cachemir; ou outro máis sinxelo e menos pretensioso o do crespón negro liso, sen máis adorno que o reboloteiro dos seus flocos. O vestido cinguido de lunares ata os pés, é unha evolución da saia.
No Madrid castizo, nas súas verbenas, vístense de chulapas as mozas. Os seus traxes son moi variados, respecto a teas o habitual é que sexan de lunares, mais moitas utilizan cor lisa, estampadas ou cadros. O corte é entallado ata enriba do xeonllo, logo un volante de media capa cubrindo o nocello. O corpo leva unha peiteira con tiras de encaixe e unha cinta metida por ela, ao igual que na costura do volante. Na cabeza leva un pano branco atado diante e cun caravel sobre a cabeza.
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Madrid Categoría:Vestimenta