Artemidoro Capitón (en latín Artemidorus Capito, en grego Αρτεμίδωρος ό Καπίτων) foi un médico e escritor grego que exerceu en Roma durante o reinado do emperador Hadriano (117 - 138).
Traxectoria Publicou unha edición das obras e receitas de Hipócrates, que Galeno di que era moi valiosa e que foi admirada polo emperador, pero acusouno de facer cambios considerábeis no texto, de alterar o significado das lecturas e de modernizar a linguaxe. Era parente de Dioscórides Pedacio quen tamén editou obras de Hipócrates e tamén o menciona Galeno.
Notas
categoría:Nados no século I Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados no século II Categoría:Médicos Categoría:Escritores en lingua grega antiga