Estela Carrera Fernández, nada en Elda (provincia de Alacant) o 8 de outubro de 1991, é unha xogadora de balonmán española. Xoga de porteira no CB Atlético Guardés e na selección feminina de balonmán de España. Destaca polos seus reflexos, colocación, saída ao contraataque, capacidade goleadora e como paradora de penaltys.

Traxectoria Formouse nas categorías base do Club Balonmano Femenino Elda, e debutou en División de Honor aos 16 anos no Club Balonmano Femenino Monóvar. Tras pasar polo Club Balonmano Alcobendas, co que debutou en competición europea, en 2015 fichou polo CB Atlético Guardés, co que gañou a liga 2016-17, ano no que acadou o premio á mellor porteira da liga.

En 2019 fichou polo Club Balonmano Femenino Málaga Costa del Sol, mais tivo que pasar por quirófano tras xogar só catro partidos co equipo malagueño e ao rematar a tempada fichou polo BM Porriño tras non acadar un acordo para a renovación. Tras tres boas tempadas en 2023 regresou ao Atlético Guardés.

Selección española Foi habitual do equipo júnior, e foi convocada para o mundial de balonmán praia de 2014. Debutou coa selección española o 7 de xullo de 2017 nun amigable ante a selección de Romanía. Xogou o seu primeiro partido oficial nun clasificatorio para o Campionato de Europa, o 27 de setembro de 2017 ante Turquía, substituíndo a Silvia Navarro.

Notas

Categoría:Nados na provincia de Alacant Categoría:Nados en 1991 Categoría:Xogadores de balonmán de España Categoría:Xogadores do BM Porriño Categoría:Xogadores do Atlético Guardés