José María Santaló Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 27 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 9 de febreiro de 1947, foi un avogado e xuíz galego.
Traxectoria Fillo de José Santaló Ituarte. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1900,La Correspondencia Gallega, 2-10-1900, p. 2. e doutorouse na Universidade de Madrid. Dende 1903 foi profesor auxiliar da USC,La Voz de Galicia, 13-12-1905, p. 1. e en 1908 ingresou na carreia xurídica. Foi xuíz de Chantada, Vilalba, Caldas de Reis e do distrito da Universidade de Madrid e maxistrado do Tribunal Supremo. Colaborou en Revista Gallega, Galicia Moderna e noutros xornais galegos. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Madrid o 9 de febreiro de 1947.El Correo Gallego, 9-2-1949, p. 3.
Obras Veleta, 1897. Las cooperativas y los obreros, 1899. Los negocios de D. Judas, 1900. Versos íntimos, 1900. La nostalgia de la literatura gallega, 1900. La amistad y sus deberes, 1902. La supresión del impuesto de consumos, 1903.
La trata de blancas ante los principios fundamentales del Derecho, 1913. La acción patronal en el problema de los retiros obreros, 1914. Vida persoal Casou con Valentina Rodríguez de Viguri, filla de Luís Rodríguez Seoane, en 1908,La Correspondencia Gallega, 15-6-1908, p. 2. e foi pai de José Luis Santaló Rodríguez de Viguri.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Marco, Aurora: "Xigantes de granito", La Voz de Galicia, 24-9-1993, p. 32.
Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega
Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela