A Real Casa da Moeda de Sevilla foi unha das casas de moeda establecidas no Reino de España, activa desde o seu establecemento no século XVI ata o século XIX, ao final do reinado de Isabel II, cando a creación da peseta centralizou na FNMT de Madrid a produción de moeda.
Antecedentes En épocas anteriores á creación da Real Casa xa se cuñara moeda na cidade de Sevilla ou na súa contorna. Para algúns estudosos, as primeiras cuñaxes da cidade tiveron lugar en tempos de Xulio César, aínda que se sostén como máis probable que estas non se producisen ata os anos 15 a 14 a. C., na época de Augusto. O que é seguro é que na época de Tiberio a cidade de Sevilla, coñecida daquela como Colonia Romula Hispalis, xa contaba con obradoiros de cuñaxe.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxinas 46-47.
Logo das emisións imperiais romanas, continuaron as cuñaxes de moeda bizantina, e logo produciuse unha parada na actividade dos obradoiros monetarios sevillanos ata as emisións dos visigodos, en tempos do rei Leovixildo, cando se retomou a actividade.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 47.
A cuñaxe de moeda continuou moi activamente ao longo do período de dominación musulmá e tamén na época medieval cristiá. É probable que na baixa Idade Media a ceca sevillana se achase por onde entraba a auga dos Canos de Carmona no Real Alcázar,Espiau Eizaguirre, M. (1991). Páxinas 30-31. é dicir na contorna do barrio de Santa Cruz.
miniatura|219x219px|Dinar almorábide da ceca sevillana (ca. 1126)."ISLAMIC, al-Maghreb (North Africa). Almoravids (al-Murabitun). 'Ali ibn Yusuf". Classical Numismatic Group (Gngcoins.com). Logo do establecemento en 1503 da Casa da Contratación de Indias en Sevilla por parte dos Reis Católicos, a cidade converteuse no centro do comercio co Novo Mundo, e comezou a cuñarse na ceca sevillana parte do ouro e da prata proveniente daqueles novos terriorios da Coroa. En 1504 os Reis Católicos trasladaron a casa da moeda daquela existente a un lugar entre o río Guadalquivir e o Alcázar.
Historia
Construción do edificio da ceca En 1583 comezou a construírse unha Casa Lonxa para os comerciantes por xunto nas Indias (actual Arquivo Xeral de Indias), no terreo onde estaban o Hospital de las Tablas, as Herrerías del Rey e a Casa da Moeda, e o rei Filipe II dispuxo que esta última debía trasladarse a un patio do Alcázar.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxinas 46-48. O lugar escollido para a nova ceca foi o coñecido como Atarazanas de los Caballeros, un terreo propiedade do Alcázar que contaba con varias vivendas e unha horta.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 52. Melchor del Alcázar, alcaide do Alcázar, e Juan de Minjares, mestre maior, desprazáronse a eses terreos para ver o construído e fixeron un plano co que cumpría construír.Espiau Eizaguirre, M. (1991). Páxinas 52-53. En abril de 1585 comezou a construción, e as obras da nova Casa da Moeda finalizaron en novembro de 1587.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 54. miniatura|Patio interior da Casa da Moeda.|269x269px Neste complexo do século XVI, ademais dos obradoiros de fundición, cuñaxe e labores complementarios, tiñan tamén as súas vivendas o tesoureiro, o ensaiador e o fundidor da ceca.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 57.
En 1594 alugóuselle a Rodrigo de Segovia un curral de veciños e unha ferraría na contorna da ceca. En 1599, logo do pasamento de Segovia, traspasouse o alugueiro a Roberto Marselles.Espiau Eizaguirre, M. (1991). Páxina 278. Entre 1616 e 1618 reconstruíronse estas instalacións con planos de Vermondo Resta.Espiau Eizaguirre, M. (1991). Páxina 279. En 1627 dispúxose a construción dun muro de ladrillo ao pé da fundición. Entre 1689 e 1700 construíronse muíños no patio dos capataces. En 1728 arranxáronse as conducións que levaban auga á ceca desde o Alcázar.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 61. En 1734, por unha real orde, encargouse a reparación da muralla que protexía a Casa de la Moeda. As obras levounas a cabo o albanel Juan Rodríguez e finalizaron en 1735.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 62.
O terremoto do 1 de novembro de 1755 deixou en ruínas unha boa parte do complexo da Casa da Moeda, e en xaneiro de 1758 produciuse unha inundación, o que obrigou a levar a cabo labores de reconstrución e limpeza dos edificios, así como a limpeza da prata que estaba disposta para a súa cuñaxe. Tamén cumpriu limpar e compor as pesas da balanza. Estas tarefas de limpeza concluíron en febreiro do mesmo 1758.
Reconstrución logo do terremoto de 1755 Como consecuencia das catástrofes sufridas, decidiuse reconstruír o edificio e aproveitar para aumentar a súa capacidade de produción. As obras puxéronse a cargo do enxeñeiro militar Sebastián Van der Borcht, que antes se encargara da construción da Real Fábrica de Tabacos. O primeiro que se fixo foi aumentar o nivel da planta, para evitar novas inundacións.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 63.
Encargóuselle ao arquitecto Francisco Muñoz e ao mestre carpinteiro Bartolomé del Mármol que fixesen unha relación das obras que se debían realizar nos obradoiros e nos cuartos, xunto co seu orzamento. Este ascendeu a 40 660 reais de billón, foi aprobado pola Real Xunta Xeral de Comercio e Moeda en agosto de 1762. Estas obras finalizaron en outubro de 1764. miniatura|271x271px|Edificio da fundición da ceca, actualmente sede do teatro La Fundición.Por outra banda, as obras da fachada adxudicáronselles en 1761 aos canteiros Miguel Llorente e Miguel Losilla, por un prezo de 7.400 reais. Estes empregaron pedra procedente das canteiras reais de Morón. O enxeñeiro Van Der Borcht tivo que trasladarse a Cádiz unha tempada, e quedou privisoriamente a cargo das obras da fachada o enxeñeiro Miguel Jarama. A portada principal tiña un escudo real que foi dourado por Francisco de Figueroa. En agosto de 1763 Van der Borcht escribiu ao marqués de Esquilache que as obras da fachada concluíran "coa solidez e a fermosura correspondente e celebrada de todos pola súa boa vista, tan correspondente á Real Casa".Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 64.
As oficinas de fundación de ouro e prata, que xa foran reparadas en 1763, refixéronse por completo en 1767. En 1768 o capataz Juan Manuel de Ybarra e o arquitecto Antonio Talabán repararon diversos obradoiros e o teito da escaleira que subía aos muíños.
Novos traballos de mantemento O 11 de novembro de 1769 un raio destruíu paredes da fundición e parte da escaleira dun cuarto contiguo, o que obrigou á súa reparación. Dous anos máis tarde, en 1771, a tubaxe principal que conducía a auga á Casa da Moeda rompeu e tivo tamén que ser arranxada. Ese mesmo ano o arquitecto Antonio Talabán encargouse de picar as paredes e recebalas de novo.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 66.
Malia a subida do nivel da planta que se producira nas obras da década anterior, o complexo da Casa da Moeda anegouse novamente en 1784 e en 1786.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxinas 66-67.
Cesamento da cuñaxe e usos posteriores A Real Casa da Moeda de Sevilla cesou os seus labores como ceca o 30 de xuño de 1869,Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 82. e posteriormente pasou a ter usos residenciais. O propietario Manuel Marañón Martínez mandou reconstruír unha fachada entre o pavillón de acceso ao edificio e a rúa do Carbón (actual rúa Santander), obra que foi realizada polo arquitecto José Espiau de la Coba entre 1879 e 1880.Mora Vicente, G. M. (2011). miniatura|Placa de azulexos a El Pali, na fachada da casa onde naceu, no complexo da Casa da Moeda de Sevilla. Entre 1892 e 1894, o arquitecto José Gómez Otero interveu na zona nordés. Entre outras cousas, substituíu o escudo real da portada por un balcón.Pérez Sindreu, F. (1992). Páxina 83. Entre 1944 e 1945 o arquitecto Alberto Balbotín Orta interveu nos inmobles números 1 e 3 da rúa Santander, que formaban parte do complexo fabril, para a instalación da sede de dous xornais.
Nunha das vivendas do complexo, no número 6 da rúa Güines, viviu o cantante de flamenco Francisco de Asís Palacios Ortega, alias El Pali, onde nacera o 22 de maio de 1928. A vivenda ten unha placa conmemorativa de azulexos.Aguilar, J. M. (2008). "Tuvo Sevilla, Pali...". En ABC. 19 de xuño.
No edificio da fundición inaugurouse en 1999 o teatro La Fundición.La Fundición. Fundiciondesevilla.es
Xa no século XXI descubriuse inserta no complexo e preto da súa portada unha torre almohade, que foi bautizada popularmente como Torre do Bronce."Hallada una nueva torre almohade en la Casa de la Moneda". En ABC de Sevilla. 29 de xuño de 2012
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de moeda Cuñaxe
Bibliografía
Espiau Eizaguirre, M. (1991). La Casa de la Moeda de Sevilla y Su Entorno: Historia y Morfología. Junta de Andalucía / Universidad de Sevilla.. ISBN 8474056624
Esteban, C. (2022). La Real Casa de la Moeda de Sevilla. Ediciones El Viso, Madrid. ISBN 978-84-125528-2-9 Mora Vicente, G. M. (2011). "La Casa de la Moneda de Sevilla: novedades al sur de la Catedral". En Arévalo Rodríguez, F. La catedral sin la catedral. Aula Hernán Ruiz, Catedral de Sevilla. Páxinas 197-233. ISBN 978-84-938923-0-2
Pérez Sindreu, F. (1992). La Casa de la Moeda de Sevilla. Su historia. Universidad de Sevilla. ISBN 9788474058253
Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Arquitectura en Sevilla Categoría:Moedas de España Categoría:Bens de Interese Cultural de Andalucía Categoría:Historia de Andalucía