A Unión Iberoamericana (UIA) foi unha asociación española, privada, destacada no campo do hispanoamericanismo.Martín Montalvo, Martín de la Vega e Solano Sobrado (1985), p. 162 Consolidouse como a grande institución oficial conservadora, controlada pola oligarquía e a a alta burguesía da Restauración na que coexistían conservadores e liberais, polo menos até os anos trinta.Pozo Redondo (2012), p. 8

Caracterizouse por ser a que tivo unha existencia máis prolongada, até a Guerra Civil.

Historia Creouse o 25 de xaneiro de 1885 por un feixe de personaxes relevantes do mundo da prensa e do comercio transatlántico. Entres eles aparecían Jesús Pando y Valle, director da revista Los Dos Mundos e que tamén estivera relacionado co comercio americano; Mariano Cancio Villaamil, senador e antigo Superintendente de Cuba, que foi o primeiro presidente e o Marqués de Comillas (presidente de Transatlántica Española).Sepúlveda Muñoz (1991), p. 273 Tamén contaban co apoio de Segismundo Moret, daquela Ministro de Estado.

A Cancio Villaamil sucedeuno, en 1894, Faustino Rodríguez San Pedro, quen exerceu como presidente até 1920.Vélez Jiménez (2007), p. 123 A UIA obtivo o status de "Sociedade para a Promoción e Utilidade Pública" en 1890.Martín Montalvo, Martín de la Vega e Solano Sobrado (1985), p. 276Sepúlveda Muñoz (1991), p. 275 Os seus estatutos establecían como obxectivo da organización "fortalecer as relacións sociais, económicas, científicas, literarias e artísticas de España, Portugal e as nacións americanas".Sepúlveda Muñoz (1991), pp. 273-274Martín Montalvo, Martín de la Vega e Solano Sobrado (1985), p.163 Posteriormente, para conseguir unha maior unión económica e cultural,Martín Montalvo, Martín de la Vega e Solano Sobrado (1985), pp. 163-164 acabou fusionándose con outras entidades similaresSepúlveda Muñoz (1991), pp. 275-277 como a Unión Hispanoamericana (1890) e a Asociación Hispanoamericana. Con esta última, que estaba dirixida polo Duque de Alba, fusionouse en 1926.

Durante a ditadura de Primo de Rivera, tras a fusión coa Asociación Hispanoamericana e a entrada dos seus membros na xunta directiva, o nesgo conservador da asociación agudizousePozo Redondo (2012), p. 8 chegando o duque de Alba a se converter en presidente o mesmo ano da fusión de asociacións. Houbo un relanzamento do seu papel cultural ai mesmo tempo que se perde a atención polos temas económicos.Sepúlveda Muñoz (1991), p. 277

Nunha situación de crise durante a Segunda República, cunha gran parte dos seus membros mostrándose inclinados a apoiar a monarquía, a Guerra civil provocou o fin da asociación cando o réxime franquista decidiu crear, e controlar, en 1941, o Consello da Hispanidade.Sepúlveda Muñoz (1991), p. 278 Nesa data, un decreto ordena a desaparición de tódalas asociacións privadas coas mesmas finalidades có Consello, e a incautación do seu patrimonio. Así, o local, a biblioteca e mais a hemeroteca da Unión, pasou ao Consello.Sepúlveda Muñoz (1991), p. 290 (nota 24)

Revista A Unión Iberoamericana, que publicaba a revista homónima,Álvarez Junco (2013), p. 321 como subtítulo, Órgano de la Sociedad del mismo nombre, tiña a súa sede en Madrid, no número 10 da rúa Recoletos. Comezou a súa publicación dende pouco despois da fundación da Asociación. A partir de 1926, durante a Ditadura de Primo de Rivera, mudou empregando unha denominación nacionalista e arcaica de Revista de las Españas.

Presidentes

Mariano Cancio Villaamil (1885-1894) Faustino Rodríguez San Pedro (1894-1920) Juan Armada Losada (1920-1926)Vélez Jiménez (2007), p. 124 Jacobo Fitz-James Stuart y Falcó (1926-1932) Antonio Goicoechea Cosculluela (1932-c.1933)Vélez Jiménez (2007), p. 125 Gregorio Marañón (1933) José Casares Gil (c. 1934-)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Unión Ibero-Americana (revista) Revista de las Españas

Categoría:1885 Categoría:Asociacións de España Categoría:Restauración borbónica en España Categoría:Ditadura de Primo de Rivera