Felix Hausdorff (/ˈhaʊsdɔːrf/ HOWS-dorf, /ˈhaʊzdɔːrf/ HOWZ-dorf), nado en Wroclaw, o 8 de novembro de 1868 e finado en Bonn o 26 de xaneiro de 1942, foi un matemático alemán, cuxo pseudónimo era Paul Mongré (à mon gré (Fr.) = "Segundo o meu gusto"). É considerado como un dos fundadores da topoloxía moderna, e contribuíu significativamente á teoría de conxuntos, teoría da medida, e á análise funcional.

Hausdorff era xudeu, e a vida volveuse difícil para el e a súa familia após o Kristallnacht de 1938. O seguinte ano iniciou esforzos para emigrar aos Estados Unidos, mais foi incapaz de facer arranxos para recibir unha bolsa de investigador. O 26 de xaneiro de 1942, Hausdorff, xunto coa súa muller e a súa cuñada, morreu por suicidio por tomar unha sobredose de veronal, antes que cumprir as ordes dos nazis alemáns para moverse ao campo de Endenich, e alí padecer as implicacións probábeis, sobre o cal non gardaba ningunha dúbida.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade de Bonn Categoría:Profesores da Universidade de Leipzig Categoría:Alumnos da Universidade de Leipzig Categoría:Suicidas de Alemaña Categoría:Finados en 1942 Categoría:Suicidios en 1942 Categoría:Nados en 1868