Adrián Estévez Cebreiro, coñecido artisticamente como Hadrian Esteves (Palas de Rei, 1989), é un músico, investigador e docente galego aveciñado en Copenhague. É coñecido polo seu proxecto de post-punk e darkwave Pulsations. Dende 2024 tamén forma parte da banda dinamarquesa de rock gótico Nightlight. A súa obra abrangue tamén estilos como o metal extremo, o post-metal, a música electrónica e a música tradicional galega. Foi cofundador de Final Embrace Records, un selo especializado en lanzamentos de metal underground en formato analóxico.

A súa música foi editada en formato vinilo, CD, casete e dixital por selos discográficos internacionais como Drakkar Productions (Francia), Swiss Dark Nights (Suíza), Crunch Pod (Estados Unidos) ou Senkrecht Records (Hungría), entre outros.

Traxectoria Esteves comezou os seus estudos musicais na Escola de Música Municipal de Palas de Rei e no grupo de música tradicional O Palacio do Rei, continuando logo no Conservatorio Profesional de Música de Melide. En 2011 graduouse en Maxisterio na especialidade de Educación musical pola Universidade de Santiago de Compostela, e cursou estudos de musicoloxía na Universidad de La Rioja. Obtivo o mestrado en musicoterapia pola Universitat de Vic en 2013.

Completou a súa formación con estudos avanzados en liderado educativo en institucións internacionais como o University College London, onde obtivo un máster en Advanced Educational Practice, e en Harvard University, onde cursou o Certificate in School Management and Leadership. Tamén posúe o National Professional Qualification for Senior Leadership, outorgado polo Department for Education do Reino Unido. Na actualidade é líder en innovación e aprendizaxe e director do departamento internacional nun centro educativo multilingüe de Copenhague adscrito ao modelo Cambridge International Education da Universidade de Cambridge.

Pulsations Pulsations é o proxecto en solitario fundado por Hadrian Esteves en 2020, centrado na mestura de post-punk, coldwave, EBM e minimal synth. A súa música destaca polo uso de sintetizadores analóxicos, ambientación escura e letras existenciais.

O proxecto debutou co sinxelo Pulsations / Bedwarfing Virtues (2020, Crunch Pod), seguido por Of Vultures and Sickles (2021, Crunch Pod) e o EP Neglected Synapses & The Hedonic Paradox (2021, Crunch Pod). En abril de 2023 publicou o seu primeiro álbum completo, Tainted Covenant (2023, Swiss Dark Nights).

Recepción crítica Tainted Covenant foi amplamente recoñecido en medios especializados:

Post-Punk.com definiuno como "unha obra mestra de lirismo e musicalidade". ArtNoir incluíuno entre os cinco álbums favoritos do ano. Darkitalia colocouno no seu Top 50 de álbums de 2023. Dark Life Experience situouno no posto número 5 da súa listaxe anual. O blog Darkenin Heart publicou unha extensa entrevista co músico.

Estilos e proxectos paralelos Alén de Pulsations e Nightlight, Hadrian Esteves participou en proxectos musicais diversos:

En bandas de metal extremo como The Last Twilight, Black Goat, Merciless Warfare e Skullkrusher. No proxecto de post-metal e ambient Kalte Sonne (2015–2016). No proxecto de indie electrónico e synth-pop HÆC (2017–2018). En agrupacións de música tradicional galega como O Palacio do Rei, a Banda Xuvenil de Palas de Rei e a Orquestra Sinfónica de Melide.

Discografía Como Pulsations Pulsations / Bedwarfing Virtues (2020, Crunch Pod) Of Vultures and Sickles (2021, Crunch Pod) Neglected Synapses & The Hedonic Paradox (2021, Crunch Pod) Tainted Covenant (2023, Swiss Dark Nights)

Compilacións destacadas X Marks The Goth (2023) – versión acústica de "Neglected Synapses" After the Flames – A Benefit for Recovery (2023, Crunch Pod) SenkWaves – A Senkrecht Compilation (2022, Senkrecht Records)

Con outros grupos Con The Last Twilight: oito lanzamentos entre 2003 e 2014 Con Black Goat: Blood Ritual (2003), Death Ritual (2010) Con Merciless Warfare: Satanic Liturgies Of Destruction (2009), Unholy Extermination Squad (2009) Con Kalte Sonne: Terra Incognita (2015) Con HÆC: Soon (2017), Turn Around / Relief (2018), How You Feel (2018)

Publicacións Estévez, Adrián (2011). Orffan Rock. Ames: Asociación Educativa Cultural Musicrearte. Cap. 17. ISBN 978-84-939257-4-1. Estevez, Adrian (2025). Singing Science: Using Music to Boost Language Learning and Inclusion in International Classrooms. ICT Connect Magazine, ICT Academy, vol. 16, nº 6 (xuño 2025), páx. [s/d]. ISSN 2394-3904. Texto completo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp de Pulsations Facebook de Pulsations Facebook de Nightlight The Last Twilight Discografía en Discogs

Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Musicólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vic Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Profesores de Galicia