Os Premios Feroz son uns galardóns de cine español, creados en novembro de 2013 pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) con carácter anual para recoñecer o mérito e a calidade das producións españolas. A primeira cerimonia de entrega de premios celebrouse o 27 de xaneiro de 2014.
A intención destes premios é converterse na antesala dos Premios Goya, o que lles valeu o nome de Globos de Ouro españois.
A distribución orixinal dos premios constaba de once categorías: película dramática, comedia, dirección, actor e actriz principais, actor e actriz secundaria, guión, música orixinal, tráiler e póster da película. Ao mesmo tempo, tamén se outorgaron dous premios adicionais, o Feroz de Honor por toda unha carreira e o Premio Especial, que se lle outorgou á película que acadara a mellor carreira comercial. Os premios foron designados polo Comité Organizador dos Premios. A partir da 4ª edición, engadíronse premios a series de televisión, así como a actores e actrices de televisión, tanto na categoría principal como secundaria; así como premios a documentais.
Categorías
Cine
Mellor película dramática Mellor comedia Mellor dirección Mellor guión Mellor actor principal Mellor actriz principal Mellor actor secundario Mellor actriz secundaria Mellor música orixinal Mellor tráiler Mellor cartel
Televisión
Mellor serie dramática Mellor serie de comedia Mellor actor principal nunha serie Mellor actriz nunha serie Mellor actor secundario nunha serie Mellor actriz secundaria nunha serie
Premios especiais
Premio Honorífico Feroz por toda unha traxectoria Premio especial
Edicións A primeira edición destes premios constou de once categorías, tendo lugar o 27 de xaneiro de 2014 nos cines Callao de Madrid. + Premios Feroz á mellor película e dirección Edición Ano Data da gala Lugar e cidade Presentador/a(s) Mellor película dramática Mellor comedia Mellor dirección I 2014 27 de xaneiro de 2014 Cine Callao, Madrid Alexandra Jiménez Stockholm 3 bodas de más David Trueba por Vivir es fácil con los ojos cerrados II 2015 25 de xaneiro de 2015 Teatro Las Ventas, Madrid Bárbara Santa-Cruz La isla mínima Carmina y amén Alberto Rodríguez por La isla mínima III 2016 19 de xaneiro de 2016 Teatro Príncipe Pío, Madrid Silvia Abril La novia Negociador Paula Ortiz por La novia IV 2017 23 de xaneiro de 2017 Palacete de los Duques de Pastrana, Madrid Antonio de la Torre Tarde para la ira Kiki, el amor se hace Raúl Arévalo por Tarde para la ira V 2018 22 de xaneiro de 2018 Complexo Magariños, Madrid Julián López Estiu 1993 La llamada Carla Simón por Estiu 1993 VI 2019 19 de xaneiro de 2019 Bilbao Arena, Biscaia Ingrid García-Jonsson El reino Campeones Rodrigo Sorogoyen por El reino VII 2020 16 de xaneiro de 2020 Auditorio de Alcobendas, Madrid María Hervás Dolor y gloria Ventajas de viajar en tren Pedro Almodóvar por Dolor y gloria VIII 2021 2 de marzo de 2021 Auditorio de Alcobendas, Madrid Pilar Castro Las niñas La boda de Rosa Pilar Palomero por Las niñas IX 2022 29 de xaneiro de 2022 Auditorio de Zaragoza Nacho Vigalondo Maixabel El buen patrón Rodrigo Cortés por Love Gets a Room X 2023 28 de xaneiro de 2023 (sen especificar) (sen especificar) XI 2024 26 de xaneiro de 2024 Palacio de Vistalegre, Madrid Brays Efe e Coria Castillo 20.000 especies de abejas Robot Dreams J. A. Bayona por La sociedad de la nieve XII 2025 25 de xaneiro de 2025 Recinto Feiral / Pazo da Cultura, Pontevedra La Dani Salve María Casa en llamas Pedro Almodóvar por La habitación de al lado XIII 2026 26 de xaneiro de 2026 Recinto Feiral / Pazo da Cultura, Pontevedra Petra Martínez, Samantha Hudson, Elisabet Casanovas e Antonio Durán 'Morris' Los domingos La cena Alauda Ruiz de Azúa por Los Domingos Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Novas sobre os Premios Feroz na web da Cadena SER Novas sobre os Premios Feroz en El País Novidades sobre os Premios Feroz en El Periódico
Categoría:Premios de España Categoría:Premios de cinema de España