O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela é o órgano de participación e representación do estudantado na organización da vida universitaria da Universidade de Santiago de Compostela.

En xuño de 2026, Iria Liñares Cereixo asumiu a presidencia.

Historia O Consello foi promovido por primeira vez polos alberás normativas introducidas no Estatuto de 2018 e reforzado coa Lei Orgánica do Sistema Universitario, que converteu a súa creación nunha obrigación para as universidades españolas. A súa constitución operativa realizouse oficialmente en setembro de 2022 tras convocar eleccións nos centros universitarios.

Segundo o artigo 29 do Estatuto do Estudantado, o Consello está integrado por:

Os/as representantes do alumnado no Consello de Goberno da USC (membros natos). Un representante de cada Xunta de facultade ou escola. Catro representantes da Escola de Doutoramento Internacional, un por cada sección.

As asociacións estudantís rexistradas poden participar como convidadas, con voz pero sen capacidade de voto.

No seu inicio en setembro de 2022, Emilio V. Lage, estudante de Farmacia, foi elixido presidente, acompañado por Daniel González Pérez (vicepresidente), Diego López Seoane (secretario), Antía Vilas Oliveira (vicesecretaria) e Daniel Durán Chapela (tesoureiro).

Co apoio institucional, impulsou as primeiras Xornadas de Convivencia e Formación Universitaria nos campus de Lugo e Santiago, co obxectivo de formar aos estudantes nos órganos de representación e fomentar a participación cidadá. Estas xornadas incluían contidos sobre dereitos estudantís, metodoloxías participativas e administración universitaria, recoñecéndose con créditos ECTS.

En xuño de 2025, o Consello manifestou publicamente o seu apoio á plataforma En defensa do mestrado de Matemáticas da USC para a continuidade do Máster en Matemáticas, único en Galicia, ante a súa posible supresión por baixa matrícula. Ademais, mostrou o 23 de xuño de 2025 o seu "loito" ante a "morte das matemáticas en Galicia", despois de que, ao abrirse o prazo de solicitude de prazas para máster para o curso 2025/26 (ese mesmo día), este posgrao non estivese nas listas.

Notas

Categoría:Universidade de Santiago de Compostela