Región Galaica foi un periódico galego editado en Buenos Aires entre 1907 e 1908.

Historia e características

Órgano do Centro Gallego de Buenos Aires, apareceu en xullo de 1907.El Primitivo, 1-8-1907, p. 4. Foi o primeiro boletín editado pola Institución. Publicábase o 5 e 20 de cada mes. Informaba das actividades do Centro Gallego e dos acordos das seccións e comisión directiva; tamén tiña colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política e noticias da actualidade galega e de España. Entre os seus colaboradores figuraron A. López Fustes, A. Nicasio Pajares, Alfredo Dóriga, Avelino Veloso, J. V. Suárez, Juan Bautista Pérez, Julio de la Cuesta, María de los Ángeles Vázquez e Luis Araquistáin. O último número coñecido é o 10, aparecido en 1908. Notas

Véxase tamén Outros artigos Galicia Ligazóns externas

Categoría:Prensa galega da emigración

Categoría:Cultura de Buenos Aires