Cordella Stevenson foi unha muller afroamericana que foi violada e linchada por unha turba composta por homes brancos en Columbus, Mississippi o 15 de decembro de 1915.
Linchamento Un alpendre propiedade dun home branco, Gabe Frank, foi queimado nun presunto ataque incendiario. O fillo de Stevenson foi acusado de queimar o alpendre malia que non estivo pola zona durante meses. A policía local arrestou a Cordella Stevenson e o seu marido Arch Stevenson e mantívoos sen poder regresar á súa casa durante seis días, agardando unha confesión sobre a localización do seu fillo.
Ás 10:00 p.m. do 15 de decembro de 1915, unha turba branca entrou na súa casa, violouna e colgouna espida dunha árbore preto do Ferrocarril de Mobile e Ohio.
Arch fuxiu a pé e chegou correndo a Columbus, mais non foi quen de obter axuda. Ninguén foi arrestado pola violación e o asasinato de Stevenson.
Mulleres negras linchadas, 1900-1919 Mulleres negras linchadas en Mississippi entre 1900-1919: Data de morteNomeSitioCausaCondado de BolivarAcusada axudar a escapar a un suposto asasinoByhalial, Condado de MarshallIncendio provocadoColumbus, Lowndes Co.O seu fillo foi acusado de provocar un incendioCondado de ClarkeAsasinatoShubuta, Condado de ClarkeAcusada de asasinato
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Finados en 1915 Categoría:Asasinatos nos Estados Unidos de América Categoría:Racismo nos Estados Unidos de América Categoría:Mississippi