Rūrangi é un filme neozelandés de 2020 dirixido por Max Currie. O drama queer e transpositivo foi escrito por Cole Meyers e Oliver Page. Está protagonizada por Elz Carrad no seu debut cinematográfico, xunto con Arlo Green, Kirk Torrance, Awhina-Rose Ashby, Aroha Rawson, Renee Sheridan e Ramon Te Wake. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Nova Zelandia o 26 de xullo de 2020. Proxectouse no Festival de Cine Frameline de San Francisco, onde gañou un Premio do Público á Mellor Longametraxe Narrativa, e estreouse nos cinemas de Nova Zelandia o 4 de febreiro de 2021. Todas as personaxes trans están interpretadas por persoas trans. O proxecto lanzouse inicialmente como unha serie web de cinco partes, que foi editada nunha longametraxe para a súa estrea internacional.

Personaxes

Elz Carrad como Caz Davis Arlo Green como Jem Kirk Torrance como Gerald Davis Awhina-Rose Ashby como Anahera Aroha Rawson como Whina Rangi Renee Sheridan como Agnes Ramon Te Wake como Ellie Sonny Tupu como Andrew Ainofo Adam Rohe como Jamie Tai Berdinner-Blades como Sasha Ainofo Adam Brown como Curt Mustaq Missouri como Councillor Ron Kate McGill como Ria Nikki Si'ulepa como Hui MC Ross Harper como Harry Renee Lyons como Colleen Richter

Notas

Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua maorí Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes dirixidos por Max Currie Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes ambientados en Nova Zelandia Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Nova Zelandia