Ailá constitúe un grupo artístico inspirado no respecto á tradición e á música patrimonial galega, con ritmos doutras culturas e con proxección universal. Emerxe das foliadas na Casa das Crechas, en Santiago de Compostela, e fai música festiva de tradición oral, coa autodefinición de estilo "tradi".
Recoñecementos Ailá obtivo o Premio Martín Códax da Música 2023 na categoría de Música Tradicional. Ademais, foi seleccionado para representar Galiza en eventos internacionais, entre os que destacan:
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira (2024) WOMEX, principal feira mundial de industrias musicais (2023) Festival Interceltique de Lorient (2023) Celtic Connections de Glasgow (2020)
En 2024 tivo presenza na Feira Internacional de Turismo FITUR (Madrid), un encontro internacional para profesionais do turismo. En 2025, participa como embaixador da cultura galega na Fira Mediterrànea de Manresa.
Tamén tocou en eventos como o Festival de Ortigueira; no VI Festival Castelo Folk no Castelo de Andrade, en Pontedeume; no Auditorio de Rianxo; nas festas de Monte Alto na Coruña; nos Pendellos de Agolada; ou nas Festas do Apóstolo de Santiago de Compostela, entre outros.
Integrantes de Ailá miniatura|Ailá, grupo de música tradi. Ángela Carou (voz e percusións), procedente de grupos como Brincadeira, Fogo Fátuo e Grupo vocal Fonetix. Manuele Pardo (voz, percusións e gaita), procedende de Os da Porfía, Enxebres de San Lázaro e A requinta de Xián, entre outros. Xan Pampín (acordeón e bombo), procedente de Radio Cos e Banda das Crechas. Manu Fraguela (zanfona), que se incorporou en 2024, logo de ser a gañadora do certame O Talentiño; en substitución de Abel Gañete (trompeta e fliscorno), que era procedente da Banda de Música Cultural de Teo, Big Band de Marcos Pin e Pablo Castaño e Charanga TNT.
Discografía Ailá, 2021 Xota de Laxoso Muiñeira de Pigarzos Pasodobre de Imende - Noicela Muiñeira vella de Barro O valse dos Moreiras Xota dos Abeneiros Rumba Habanera A Xitana De Lusada Muiñeira do Sixto da Chaparra Seisdedos Muiñeira de Frades Pasodobre de Morquintián
Sansolimón, 2022 Frores e silveiras do Courel Cabaleiros San Andrés Funañá De Rafaela Brisiñas do mar Maneo de Silván Moliñeira de Riamonte Rumba do Ferreiro Ár paueger Pariz A andoriña
Tradimensional, 2024 Maneo e pandeirada de Erbecedo (feat. Cantigas e Agarimos) Pasodobre de Brañas Verdes (feat. Xan Ferrás) Xota de Pazos de Borbén (feat. Ultreia) Muiñeira das Nosas Festas (feat. Icía Kirk) Para Bailar a Mazurka (feat. Os Carecos) Pateado e Muiñeira de Soutelo a Grixoa (feat. Cantigas e Agarimos, Andrés Pérez) A Donzela Guerreira (feat. Nikolay Velikov) Canto de Arrieiro (feat. Cántigas e Frores, Daniel Do Pando) Muiñeira de Folgoso (feat. Ferriñas Bravas, o Fiadeiro, Andrés Pérez) Xota de San Salvador (feat. Nikolay Velikov)
Notas
Categoría:Grupos musicais de Galicia