A óxido nítrico sintase 1 (neuronal), tamén chamada NOS1, é un encima que nos humanos está codificado no xene NOS1 do cromosoma 12.
Función As óxido nitrico sintases () (NOS) son unha familia de sintases que catalizan a produción de óxido nítrico (NO) a partir de L-arxinina. O NO é un mensaxeiro químico con diversas funcións no corpo dependendo da súa fonte encimática e localización nos tecidos. No cerebro e sistema nervioso periférico, onde NOS1 está presente en gran cantidade, o NO mostra moitas propiedades de neurotransmisor e pode estar implicado na potenciación a longo prazo. Está implicada na neurotoxicidade asociada a accidentes cerebrovasculares e doenzas neurodexenerativas, regulación neural do músculo liso, incluíndo a peristalse e a relaxación dos esfínteres, e erección do pene. O NO é tamén responsable da actividade do factor relaxante derivado do endotelio que regula a presión arterial ao producilo o encima relacionado NOS3. En macrófagos, o NO funciona como mediador das accións tumoricidas e bactericidas ao producilo o seu encima relacionado NOS2. Varios inhibidores farmacolóxicos das NO sintases (NOS) bloquean estes efectos, e descubriuse unha maior distinción das súas funcións en modelos animais nos cales se inactivaron estes xenes específicos. Distintas isoformas son o NOS neuronal (NOS1), o NOS endotelial (NOS3), e o NOS inducible NOS de macrófago. Tanto as formas neuronal coma a de macrófagos son pouco comúns entre os encimas oxidativos porque necesitan varios doantes de electróns: flavín adenín dinucleótido (FAD), mononucleótido de flavina (FMN), NADPH e tetrahidrobiopterina.
Importancia clínica
Esta proteína foi implicada na asma, esquizofrenia, síndrome das pernas inquietas e neurotoxicidade psicoestimulante. Foi tamén investigada con respecto á disorde bipolar e exposición á contaminación do aire.
Interaccións
NOS1 interacción con DLG4 e NOS1AP.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Óxido nítrico sintase
Bibliografía
Categoría:Oxidorredutases