Juliane Margaret Beate Koepcke, nada en Lima o 10 de outubro de 1954, é unha zoóloga e bióloga xermano-peruana. Foi a única sobrevivente do accidente do Voo 508 de LANSA, que tivo lugar o 24 de decembro de 1971.

Traxectoria Juliane Koepcke naceu en Lima o 10 de outubro de 1954, filla do biólogo Hans-Wilhelm Koepcke e a ornitóloga alemá Maria Koepcke. En 1971 cursaba o último ano da escola media e pensaba estudar zooloxía ou bioloxía.

Accidente do voo 508 de LANSA miniatura|Ruta do voo. No momento en que as sacudidas foron máis violentas, as equipaxes de man saíron dos cubículos, o avión descendeu 4000 metros e o piloto buscaba aire máis denso para poder realizar unha aterraxe de emerxencia, Juliane describiuno da seguinte maneira: O 24 de decembro de 1971 Juliane e a súa nai Maria dirixíronse ao Aeroporto Jorge Chávez en Lima. Foron parte das 92 persoas que abordaron un cuatrimotor Lockheed L-188 Electra bautizado como Mateo Pumacahua. Correspondía ao voo 508 de LANSA con destino á cidade de Pucallpa, onde o seu pai, que alí traballaba, as esperaba para celebraren o Nadal. No momento en que as sacudidas foron máis violentas, as equipaxes de man saíron dos seus cubículos, o avión descendeu 4000 metros e o piloto buscaba aire máis denso para poder realizar unha aterraxe de emerxencia, Juliane describiuno da seguinte maneira: Ás 12:36 un raio golpeou o avión cando estaba a uns 3000 metros de altura e explotou.

Supervivencia Juliane saíu despedida do avión, agarrada polo seu cinto ao asento. Caeu sobre as copas das árbores, cuxas pólas e a densa vexetación amorteceron o impacto até o solo. Estivo inconsciente unhas tres horas, e cando espertou a mañá seguinte, atopábase en terra, debaixo da súa butaca, e rodeada da máis densa selva. O feito de caer coa súa butaca, e que esta caese sobre a espesa vexetación salvoulle a vida.

Juliane mirou ao seu redor e xunto a ela había só corpos e restos do avión. Cando sobrevoaban a Amazonia formouse unha tormenta, con fortes ventos e chuvia. A voz dunha auxiliar de voo foi a que lle salvou a vida a Juliane: Incribelmente, Juliane Köpcke tiña só feridas mínimas: un corte nun brazo, unha ferida nun ombreiro, un ollo morado e unha clavícula rota.

Juliane pasou os seguintes dous días tratando de buscar axuda, mais o único que atopou foron os restos calcinados do aparello e os cadáveres doutros pasaxeiros.

Juliane decidiu aferrarse á vida e sobrevivir custase o que custase. Lembrando os consellos do seu pai, quen lle ensinou nocións de como orientarse nun lugar descoñecido, Juliane seguiu o curso dun regato coa esperanza de que este a conducise até ríos máis caudalosos, onde podería habitar xente. Debido a que o río era cálido, puido quentarse e non morrer de frío, amais de a auga ser potábel. Nalgúns tramos tivo que nadar porque presentaba certa profundidade. Os crocodilos da zona non lle atacaron. Aínda que observou algunhas froitas nas árbores, non as comeu porque sabía que eran velenosas.

Foron días aciagos nos que debeu facer fronte a unha calor insoportábel, ás picaduras dos mosquitos e ao perigo de que se lle aparecese un animal salvaxe. Juliane non sabía que se atopaba a máis de 600 km de calquera centro habitado, en plena Amazonia peruana.

Tras dez días de andaina pola xungla chegou a un río navegábel. Camiñou pola súa beira e por mangleirais até dar cunha canoa a motor e unha choza que servía de refuxio para cazadores. Non quixo roubar a canoa, polo que esperou varias horas até os propietarios regresaren. Namentres, dado que o seu corpo se enchera de larvas de moscas, asperxeu combustíbel nas feridas para tentar limpalas.

A mañá seguinte os cazadores, quen eventualmente transitaban o lugar, atopárona no refuxio. Levárona até a súa aldea, onde lle deron comida e curáronlle as feridas máis graves. O día seguinte Juliane foi levada en canoa durante dez horas de viaxe até a cidade de Tournavista, onde a trasladaron en avión até Pucallpa para ser hospitalizada. Alí reuniuse co seu pai nun emotivo reencontro.

As indicacións de Juliane axudaron a dar cos restos do avión e atopouse a parte dianteira case intacta. Tamén se constatou que sobreviviron 13 pasaxeiros, entre eles o piloto do avión, moi malferido tras a caída. Porén, estes non sobreviviron á selva e faleceron en diversas circunstancias. O corpo da súa nai foi atopado o 12 de xaneiro de 1972.

Vida posterior

Juliane trasladouse a Alemaña, onde se recuperou totalmente das súas feridas e continuou os seus estudos. Obtivo o seu título de bioloxía en 1980 pola Universidade de Kiel e especializouse en terioloxía, sobre todo no estudo de morcegos. Traballa como bibliotecaria na Zoologische Staatssammlung München de dita cidade. Posteriormente fundou a Fundación Panguana para a investigación da Amazonia.

Na cultura popular En 1974 estreouse a película Miracles Still Happen, dirixida por Giuseppe Maria Scotese. O papel de Juliane estivo interpretado pola actriz Susan Penhaligon.

O director de cine Werner Herzog ía viaxar nese mesmo avión, mais perdeu o voo. Trinta anos despois, en 1998, fixo o documental Wings of Hope.

Notas

Categoría:Nados en Lima Categoría:Nados en 1954 Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Accidentes aéreos en Perú