Medio dólar do 250º Aniversario de New Rochelle"1938 New Rochelle Half Dollar". Earlycommemorativecoins.com"½ Dollar New Rochelle". Numista.com150px150pxA/: John Pell cun becerro. Marca de gravadora GKL. Lendas: SETTLED 1688 INCORPORATED 1899 / NEW ROCHELLE NEW YORKR/: Flor de lis a modo de escudo de armas da cidade. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / 1938 / HALF DOLLAR Data: 1938 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Gertrude K. Lathrop. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe: 25.015 (deles fundíronse 9.749). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.

O medio dólar do 250 Aniversario de New Rochelle é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia con data de 1938. A moeda foi emitida en conmemoración do 250 aniversario do establecemento da vila de New Rochelle no condado de Westchester, estado de Nova York, en 1688."1938 New Rochelle, New York, 250th Anniversary Half Dollar". American Numismatic Association (Money.org).

A artista encargada do deseño desta moeda foi Gertrude K. Lathrop. Nunha das súas faces amósase un becerro cebado levado polo terratenente John Pell, que vendeu os terreos sobre os que posteriormente se asentou New Rochelle. Na outra face aparece unha flor de lis, elemento do selo da cidade de New Rochelle e tamén de La Rochelle francesa, o seu epónimo. A moeda está datada en 1938, aínda que realmente foi cuñada o ano anterior. Trátase da derradeira emisión de carácter conmemorativo de novo deseño realizada pola US Mint ata 1946.

Coñecedores da gran cantidade de emisións conmemorativas autorizadas polo Congreso dos Estados Unidos a mediados da década de 1930, os membros do Westchester County Coin Club decidiron solicitar unha moeda de medio dólar para celebrar o aniversario de New Rochelle. Conseguiron o apoio de membros do Congreso, e estes impulsaron a tramitación da lexislación para a súa emisión ao longo do ano 1936. Logo do rexeitamento doutra proposta de deseño optouse por encargarllo a Lathrop, que xa era coñecida polo seu traballo no medio dólar da Carta de Albany (1936), e esta optou como motivo principal a representación do popular fatt calfe «becerro cebado» que cumpría entregárselle anualmente a John Pell se este o solicitaba, a cambio das terras cedidas por este a New Rochelle. A Comisión de Belas Artes dos EEUU aprobou a súa proposta e as moedas cuñáronse na Ceca de Filadelfia en 1937, nun total de 25.000 exemplares, mais outros 15 para a súa análise pola Comisión de Ensaios dos EEUU.

o Comité da Moeda Conmemorativa de New Rochelle puxo á venda a moeda conmemorativa por un prezo de dous dólares a unidade. Cando as vendas comezaron a diminuír, decidiuse devolver 9.749 exemplares á casa da moeda para o seu troco e a súa posterior refundición.

Antecedentes miniatura|358x358px|John Pell recibe o pagamento parcial por 6,000 acres, mural de David Hutchison para a Oficina Postal dos EEUU en New Rochelle."Painting: New York. Nº 66". National Archives Catalog (Catalog.archives.gov). A cidade de New Rochelle, no condado de Westchester, foi fundada por hugonotes procedentes de La Rochelle, Francia, en 1688. O ano seguinte, Jacob Leisler, o seu axente, comproulle a John Pell unha extensión dunhas 2.400 hectáreas na que logo se asentou a cidade. Unha das condicións da venda era que Leisler lle entregaría a Pell e aos seus herdeiros «un becerro cebado» o 24 de xuño de cada ano posterior, se así o solicitaban.Taxay, D. (1967). Páxina 200. O teórico da política británico-americano Thomas Paine foi máis tarde propietario de terras en New Rochelle, que se constituíu como vila en 1858 e como cidade en 1899. Na actualidade é un suburbio da cidade de Nova York.Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 149.

O mercado de moedas conmemorativas dos Estados Unidos disparouse en 1936, impulsado por novas emisións de escasa tiraxe cuxa demanda era superior á oferta. Ata 1954, o Goberno vendía a totalidade das emisións de moedas conmemorativas ao seu valor nominal a entidades sen ánimo de lucro autorizadas polo Congreso, que logo intentaban vendelas á poboación cunha prima para obteren un beneficio co que sufragar causas de interese social. A aparente facilidade para obter beneficios coa adquisición e a tenza de moedas conmemorativas atraeu daquela a moitas persoas á afección polo coleccionismo numismático, desexosas por completaren as súas coleccións coas novas emisións.Bowers, Q. D. (1991). Páxinas 62-63.

A cantidade de autorizacións aprobadas polo Congreso en 1936 foi desmesurada, ata superar as quince nese ano. O interese das efemérides era en moitas ocasións puramente local e mesmo algunhas delas, como o medio dólar conmemorativo do Centro Musical de Cincinnati, estaban baseadas en aniversarios inexistentes.Swiatek, A. (2012). Páxina 304. A isto houbo que engadirlle prácticas especulativas por parte das entidades autorizadas para a súa promoción e venda.Yeoman, R. S. (2018). Páxinas 1.068-1.077.

En abril de 1936, o Congreso xa reaccionara ante estas prácticas, engadindo medidas restritivas a modo de emendas nos proxectos de lei que autorizaban as emisións. Tales disposicións figuraban xa no proxecto do medio dólar de New Rochelle, de maneira que só podería cuñarse nunha única ceca e coa data inmobilizada de 1938, aínda que a autorización tivo lugar en 1936 e a produción das moedas en 1937.Flynn, K. (2008). Páxina 131. A entidade á que se lle encomendou a súa comercialización foi un comité creado ad hoc, composto por tres membros nomeados polo alcalde de New Rochelle.Flynn, K. (2008). Páxina 354.

Pola súa banda, a forza impulsora da emisión de New Rochelle foi o Westchester County Coin Club, no cal se encadraban os coleccionistas Julius Guttag —de Guttag Brothers, un destacado comerciante de moedas de Nova York— e Pitt M. Skipton, que planearon a emisión con ánimo de evitar os abusos das conmemorativas anteriores.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 419. A idea da emisión orixinouse nas conversas entre os membros do club, que coñecían as numerosas emisións que se estaban a producir a mediados da década de 1930. O proxecto resultaba atractivo, xa que a moeda axudaría a financiar as celebracións do 250 aniversario de New Rochelle, no canto de recorrer a cargar novos impostos aos contribuíntes, abafados xa pola Gran Depresión. O club, na súa reunión de novembro de 1935, nomeou a Skipton como membro dun comité unipersoal encargado de establecer os primeiros contactos necesarios para obter a autorización para a emisión.Skipton, A. C. (1939). Páxinas 2-3.

Proceso lexislativo miniatura|O senador demócrata por Nova York Royal S. Copeland promoveu no Senado a emisión da moeda."Dr. Royal S. Copeland, 3/7/23". Library of the Congress (LOC.gov). En xaneiro de 1936 presentáronse en ambas as cámaras do Congreso dos Estados Unidos senllos proxectos de lei para a cuñaxe do medio dólar de New Rochelle: no Senado da man de Royal S. Copeland, e na Cámara de Representantes por Charles D. Millard, ambos de Nova York."Executive report of a committee". En Congressional Records - House. 6 de xaneiro de 1936. Páxina 47. Skipton puxérase en contacto con estes lexisladores, que accederan a prestar a súa axuda no proxecto, aínda que o senador Copeland advertiu: «o presidente é bastante duro con este tema».Skipton, A. C. (1939). Páxina 3.

O 17 de febreiro de 1936, a Comisión de Moeda, Pesos e Medidas informou favorablemente sobre o proxecto de lei da Cámara de Representantes e propuxo emendas polas que se aumentaban a cuñaxe autorizada desde as 20.000 pezas inicialmente solicitadas a 25.000, e exixíase a creación dun comité de non menos de tres persoas para se encargar da emisión en nome de New Rochelle. A Cámara adoptou as emendas e aprobou o proxecto de lei sen debate o 16 de marzo de 1936."Message from the House". En Congressional Records - Senate. 17 de marzo de 1936. Páxina 3.830."House bills and joint resolutions refereed". En Congressional Records - Senate. 17 de marzo de 1936. Páxina 3.855."Coinage of 590-cent pieces commemorating two hundred and fiftieth anniversary of founding of New Rochelle, N. Y.". En Congressional Records - House. 16 de marzo de 1936. Páxinas 3.800.

Pola súa banda, o proxecto de lei do Senado foi remitido á Comisión de Banca e Moeda. Foi un dos varios proxectos de lei de moedas conmemorativas de medio dólar conmemorativo que se examinaron o 11 de marzo de 1936, por unha subcomisión dirixida por Alva B. Adams, de Colorado.USSCBC (1936). Páxinas 1-2. O senador Adams oíra falar dos abusos cometidos co gallo da emisión das moedas conmemorativas de mediados da década de 1930, cando os seus promotores xeraban variantes das pezas para que os coleccionistas se visen obrigados a adquirir varios exemplares, facéndoas emitir con diferentes datas e con distintas marcas de ceca, dado que o marco lexislativo xeral non establecía ningunha prohibición ao respecto.Flynn, K. (2008). Páxina 116.USSCBC (1936). Páxinas 11-12. Lyman W. Hoffecker, un comerciante de moedas de Texas e membro da American Numismatic Asociation, testemuñou ante a subcomisión e dixo que algunhas daquelas emisións, como o medio dólar conmemorativo do Oregon Trail, se emitiran con ata cinco datas e con tres marcas de ceca diferentes. Tamén informou doutras prácticas especulativas, como a adquisición da totalidade dalgunhas emisións por comerciantes individuais ou a cuñaxe de tiraxes deliberadamente escasas, para que a insuficiente oferta xerase prezos elevados. Todas estas prácticas enfureceron os coleccionistas numismáticos que intentaban manter ao día as súas coleccións.USSCBC (1936). Páxinas 18-23.

O Senado non adoptou ningunha outra medida en relación co proxecto de Copeland, pero o 26 de marzo de 1936 o senador Adams informou o Senado do proxecto da Cámara de Representantes, polo que se reescribiu por completo para incorporar proteccións tales como a exixencia de que todas as moedas de New Rochelle tivesen unha única data e unha soa marca de ceca, e que se remitisen á organización patrocinadora en lotes non inferiores a 5.000 exemplares. Tamén recomendou que os futuros proxectos de lei de moedas conmemorativas tivesen proteccións similares. O Senado examinou o proxecto de lei o 27 de marzo, o quinto dunha serie de seis proxectos de moedas conmemorativas que estaba a estudar ese órgano, e do mesmo xeito que os demais, foi emendado e aprobado sen debate nin disensións."The hundred and fiftieth anniversary of New Rochelle, N. Y.". En Congressional Records - Senate. 27 de marzo de 1936. Páxinas 4.489-4.890.