Kosmos 482 ("Космос 482" en ruso) foi unha sonda do programa Venera lanzada pola Unión Soviétiva para estudar Venus. Engalou o 31 de marzo de 1972 mediante un foguete Molniya-M MVL, pero quedou en órbita baixa terrestre ao fallar a etapa que debía poñela en órbita cara Venus. Debido a isto foi nomeada coa denominación Kosmos, reservada a satélites en órbita terrestre, en lugar de Venera. Despois de acadar a órbita de aparcadoiro arredor da Terra, a sonda separouse en dous obxectos: o bus principal, encargado da navegación ata Venus, e a sonda de aterraxe, deseñada para chegar á superficie venusina. O bus principal e as etapas do foguete lanzador reentraron na atmosfera terrestre entre o 3 de abril de 1972 e o 5 de maio de 1981.
Nunha ventá entre as 6:04 e as 7:32 UTC do 10 de maio de 2015, a cápsula de descenso caeu á superficie mentres estaba nunha traxectoria que cubría Australia, o océano Índico, Oriente Medio e Europa. Segundo a axencia espacial rusa Roscosmos, a cápsula estrelouse ás 6:24 UTC ao nordeste do océano Índico.
O módulo de aterraxe, duns 495 kg, poder ter chegado intacto á superficie terrestre. Estaba deseñado para, orientado correctamente, soportar ata 300 g de deceleración e 100 atmosferas de presión para entrar na atmosfera de Venus. Porén, a antiguedade da nave e o baixo ángulo de entrada probablemente reduciron as posibilidades de supervivencia. Os tumbos e unha orientación incorrecta puideron resultar en seccións da nave queimándose na atmosfera terrestre. A velocidade final de impacto estimouse en entre 65 e 70 m/s (230 a 250 km/h).
Trasfondo A principios de 1962 comezou a darse o nome de Kosmos a todo satélite soviético que quedara en órbita terrestre, independentemene de cal fora o seu destino orixinal. A designación desta misión como un intento de sonda interplanetaria baséase en evidencias de documentación histórica da era soviética e posterior. As misións planetarias soviéticas normalmente eran postas nunha órbita de aparcadoiro terrestre antes de partir. Se o foguete que debía lanzalas a unha órbita interplanetaria fallaba, as sondas quedaban en órbita terrestre e se lles daba a designación Kosmos.
Historia Kosmos 482 foi lanzado por un foguete Molniya-M MVL o 31 de marzo de 1972, catro días despois de Venera 8, coa que posiblemente compartía deseño e planificación da misión. Despois de chegar á órbita terrestre, a nave aparentemente intentou alcanzar unha órbita de transferencia interplanetaria a Venus. A nave quedou separada en catro anacos, dous dos cales permaneceron en órbita baixa terrestre, decaendo en 48 horas sobre Nova Zelandia mentres que os outros dous (presumiblemente a carga útil e o motor) quedaron nunha órbita máis elevada, de 210 x 9800 km e unha inclinación orbital de 51,95 graos. A causa do fallo foi un temporizador mal programado que fixo que a última etapa se apagara prematuramente, impedindo á sonda escapar da órbita terrestre.
Reentradas dos anacos de 1972 A primeira das partes, catro esferas de aliaxe de titanio de 13,6 kg e un diámetro de 38 cm, tocaron terra nun círculo de 16 km de radio unhas de outras ás aforas de Ashburton, Nova Zelandia, ás 1:00 do 3 de abril de 1972. As esferas deixaron buratos nas leirtas onde caeron, pero non houbo danos personais. Un obxecto de forma similar foi descuberto preto de Eiffelton, Nova Zelandia, en 1978.
O dereito espacial exixía devolver os restos ao seu propietario orixinal, pero a Unión Soviética negou ter coñecemento ou ser propietaria do satélite. Polo tanto as esferas pasaron a ser propiedade do granxeiro a quen pertencía o terreo onde caeron. As pezas foron analizadas por científicos neozelandeses que determinaron que a súa orixe era soviética polas marcas de fabricación e as soldaduras de alta tecnoloxía do titanio. Os científicos concluíron que eran probablemente contedores de gas a presión do tipo usado para o lanzamento de foguetes que decaeran na atmosfera.
Reentrada de 2025 miniatura|Aterrizador da misión Venera 7. A última parte en órbita da nave, a cápsula de descenso, reentrou o 10 de maio de 2025 nun lugar entre os 51,95 graos de latitude norte e sur,
O 10 de maio de 2025, a Axencia Espacial Europea informou de que a cápsula non se detectou por radar durante o pase predito sobre Alemaña ás 7:32 UTC (9:32 CEST), polo que concluíu que a reentrada ocurrira probablemente a principios desa mañá.
Segundo a axencia espacila rusa Roscosmos, a cápsula tería impactado na parte oriental do océano Índico ás 6:24 UTC, ao oeste de Iacarta, Indonesia.
Notas
Véxase tamén Programa Venera Lixo espacial
Categoría:Sondas espaciais