Mycteria é un xénero de grandes cegoñas subtropicais e tropicais (familia Ciconiidae) con representantes en América, África, e sur e sueste de Asia. Algunha especie inclúe o nome "ibis" no seu nome científico, mais non están relacionadas cos verdadeiros ibis.
esquerda|miniatura|M. leucocephala en Uppalapadu, Andhra Pradesh, India
As Mycteria spp. son aves grandes, normalmente de 90–100 cm de longo e 150 cm de envergadura. A plumaxe corporal é principalmente branca en todas as especies, con plumas de voo negras nas ás. As especies do Vello Mundo teñen rechamantes bicos amarelos, pel da cara amarela ou vermella, e patas vermellas; estas partes son moito máis pálidas na especie americana M. americana. As Mycteria novas son versións máis pálidas dos adultos, xeralmente máis pardas e con bicos menos rechamantes.
Estas cegoñas son aves gregarias planeadoras de ás anchas que voan co pescozo estirado e as patas estendidas. As Mycteria spp. reprodúcense como residentes en zonas húmidas de terras baixas onde constrúen grandes niños con pauciños nas árbores. A maioría das especies de Mycteria son diúrnas, agás M. americana, que pode ser nocturna.DEL HOYO, J.; ELIOTT, A. e SARGATAL, J (Eds.). 1992 - Handbook of the birds of the world. Lynx, Barcelona. 879p.
Camiñan devagar e continuamente nas zonas húmidas pouco fondas na procura das súas presas, as cales consisten en peixes, ras e grandes insectos.
Distribución O xénero Mycteria habita en rexións subtropicais e tropicais. M. americana está distribuída por América, desde o sueste dos Estados Unidos ao norte da Arxentina. M. ibis vive na África tropical. M. leucocephala encóntrase no leste de Paquistán e a India ata Vietnam. M. cinerea vive no sueste asiático, desde Camboxa e Vietnam a Sumatra e Xava.
Taxonomía
O xénero Mycteria foi introducido en 1758 polo naturalista sueco Carl Linné na décima edición do seu libro Systema Naturae para clasificar a especie tipo Mycteria americana. O nome do xénero procede da raíz do grego antigo μυκτηρ, muktēr, que significa 'fociño' ou 'nariz'.
Especies
O xénero contén catro especies.
Fósiles Describíronse como fósiles dous parentes prehistóricos de Mycteria americana:
† Mycteria milleri (Mioceno medio de Cherry County, EUA), anteriormente Dissourodes. † Mycteria wetmorei (Plistoceno tardío do oeste e sur dos EUA e Cuba).
A segunda destas especies parece que era unha especie irmá máis grande de M. americana, á cal esta substituíu na América do Norte prehistórica.
Fragmentos dun tarsometatarso do Mioceno tardío (Formación Ituzaingó en Paraná, Arxentina) parécense algo ao de Mycteria, pero probablemente son distintas dabondo como para clasificalas nun xénero distinto, especialmente considerando a súa idade xeolóxica. Un fragmento distal de radio do Plistoceno tardío da Cova de San Josecito (México) pode pertencer a este xénero ou a Ciconia. Un fragmento fósil de "ciconiforme" da Formación Touro Passo atopado en Arroio Touro Passo (Río Grande do Sur, Brasil) podería ser da especie viva M. americana; é como máximo do Plistoceno tardío, de hai unhas poucas decenas de miles de anos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Grimmett, Richard; Inskipp, Carol, Inskipp, Tim & Byers, Clive (1999): Birds of India, Pakistan, Nepal, Bangladesh, Bhutan, Sri Lanka, and the Maldives. Princeton University Press, Princeton, N.J. Hilty, Steven L. (2003): Birds of Venezuela. Christopher Helm, Londres.