Non confundir co paisaxista homónimo, activo en Düsseldorf no século XIX

Carl Ludwig Schmitz, nado en Metz, Mosela, o 4 de setembro de 1900, e finado en Nutley, Nova Jersey, o 12 de maio de 1967, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda xermano-estadounidense, activo en Nova York entre 1925 e 1967.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Carl Ludwig Schmitz naceu na cidade de Metz, actualmente francesa mais daquela alemá, o 4 de setembro de 1900,Smith, P. (2012). un dos catro fillos de Anna e de Edouard Schmitz, a nai francesa e o pai alemán."Carl Ludwig Schmitz". Askart.com

Logo de cursar a educación primaria na súa cidade natal, entre 1916 e 1920 estudou na Escola Estatal de Artes Aplicadas de Múnic, e a partir de 1921 formouse en escultura na Academia de Belas Artes de Múnic,"Carl Ludwig Schmitz". National Academy of Design (Nationalacademy.com). con Joseph Wackerle e Albert Hahn."00053 Karl Schmitz". Akademie der Bildenden Künste München (ADBK.de).

En 1923 emigrou aos Estados Unidos xunto cun dos seus irmáns, e alí continuou a súa formación artística no Instituto de Deseño Beaux Arts durante os anos 1926 e 1927.

Carreira artística miniatura|236x236px|esquerda|Escultura City Delivery Carrier (1863) no edificio federal Ariel Rios, Washington."Sculpture "City delivery carrier, 1863," by Carl Ludwig Schmitz at the Ariel Rios Federal Building, Washington, D.C.". Library of the Congress (LOC.gov).

Nos primeiros anos nos Estados Unidos traballou como modelista en fábricas de terracota e tendas de decoración de Perth Amboy, Nova Jersey, e en varias ocasións foi axudante de Paul Manship, de C. Paul Jennewein e de Carl Milles, ata que en 1930 abriu o seu propio estudio en Nova York. Nese país exerceu a súa vocación de escultor durante toda a súa vida.

Ao longo da década de 1930 traballou en varios proxectos importantes en Washington, varios deles baseados en deseños de Jennewein. En 1935 e 1936, realizou a estatua de corpo enteiro titulada City Delivery Carrier (1863) para o edificio federal de Correos, e en 1937 esculpiu un panel de pedra calcaria para a fachada do edificio da Comisión Federal de Comercio. Xa en 1959, encargouse da restauración das figuras de arenito de Luigi Persico sobre a Guerra e a Paz que adornaran a fachada oriental do Capitolio dos Estados Unidos desde mediados da década de 1840, e o ano seguinte deseñou un panel en relevo para a entrada principal da embaixada de Irán en Washington.

Ademais de na capital federal, Schmitz realizou tamén diversas obras noutras cidades do país, como catro relevos de mármore para o Seminario Loyola en Nova York, unha escultura arquitectónica para o Tribunal Federal e o edificio de Correos de Covington, en Kentucky, un conxunto de dezasete relevos para o edificio de Física do Mischigan State College, ou catro grupos heroicos para a Feira Mundial de Nova York de 1939.

Tamén foi un destacado medallista, e en 1936 encomendóuselle o deseño da moeda estadounidense de medio dólar conmemorativa do Tricentenario de Delaware,"Carl L. Schmitz". Smithsonian American Art Museum (Americanart.si.edu). cuñada pola Casa da Moeda de Filadelfia o ano seguinte."Dollar Delaware Tercentenary". Numista.com

Ademais da súa actividade como creador, Schmitz exerceu tamén a docencia de Escultura no Instituto de Deseño Beaux Arts e na Academia Nacional de Deseño.

Entre outras entidades académicas e sociedades eruditas, Schmitz foi membro da Sociedade Nacional de Escultura, da Liga Arquitectónica de Nova York, de Audubon Artists e da Sociedade de Artesáns de Nova York.

Schmitz gañou numerosos premios polas súas esculturas, entre eles o premio Lindsey Morris Sterling (1934), da Sociedade Nacional de Escultura; unha medalla de ouro na Exposición Universal de París de 1937 e a medalla George Dunton Widener, e a medalla de ouro da Academia de Pensilvania (1940). En 1944 acadou a bolsa Guggenheim."Carl L. Schmitz". Guggenheim Fellowship (GF.org). En 1959 foi galardoado coa medalla Watrous da National Academy.

Entre as institucións que conservan obras de Schmitz están o Museo Smithsoniano de Arte Americana, a Galería Nacional de Arte"Carl Ludwig Schmitz". National Gallery of Art (NGA.gov). e a Academia de Belas Artes de Pensilvania."Carl Ludwig Schmitz". Pennsylvania Academy of the Fine Arts (PAFA.org).

Vida persoal Carl Ludwig Schmitz casou o 25 de maio de 1925 con Anna Marie Kreisl, con quen tivo unha filla.

Finou en Nutley, Nova Jersey, o 12 de maio de 1967."Carl Ludwig Schmitz". Askart.com"Carl Schmitz, 66, sculptor, is dead". En The New York Times. 14 de maio de 1967.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Schmitz, Carl Ludwig". En American Numismatic Biographies. Páxina 382. Vollmer, H. (ed.) (1958). "Schmitz, Carl Ludwig". En Allgemeines Lexikon der bildenden Künstler des XX. Jahrhunderts. Vol. 4. Seemann, Leipzig. Páxina 203.

Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados en Metz Categoría:Finados en 1967 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Escultores de Alemaña Categoría:Escultores dos Estados Unidos de América Categoría:Deseñadores de moeda dos Estados Unidos de América Categoría:Personalidades sen imaxes