Mihail C. Șuțu (coñecido tamén coas variantes Michel para o nome, e Soutzo ou Soutzos para o apelido), nado en Bucarest o 15 de febreiro de 1841 e finado na mesma cidade o 9 de xullo de 1933, foi un numismático e historiador romanés, membro da Academia Romanesa e gobernador do Banco Nacional de Romanía.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Mihail C. Șuțu naceu en Bucarest o 15 de febreiro de 1841 nunha coñecida familia de boiardos. Estudou na École Centrale Paris, onde se graduou como enxeñeiro en 1864."Governor M.C. Sutzu, Promoter of Romanian Numismatics". Banca Naţională a României (bnro.ro).
Carreira profesional Na súa primeira etapa profesional exerceu como alto funcionario do Ministerio de Agricultura, industria e Comercio do seu país. De 1881 a 1891 foi o director xeral de Poșta Română, e do 3 de setembro de 1892 ao 4 de abril de 1894 director do Banco Nacional de Romanía. Seguidamente, foi asesor do Tribunal de Contas.Bibicescu, I. G. (1921). Páxina 5.
Do 18 de novembro de 1899 ao 31 de decembro de 1904, Șuțu foi o gobernador do Banco Nacional, e en tal condición negociou co Ministerio de Facenda para que o Goberno retirase a súa participación no capital da institución. Apoiou os bancos populares e traballou para estender a presenza do banco central a todo o país, dotando as súas sucursais de edificios adecuados."Mihail Şutzu". Banca Naţională a României (bnro.ro). O seu mandato coincidiu cunha crise financeira que durou de 1900 a 1901, e viuse obrigado a enfrontarse con daquela primeiro ministro romanés Petre P. Carp sobre como axudar a arranxar a situación.Bibicescu, I. G. (1921). Páxinas 5-7.
Numismática Mihail C. Șuțu foi tamén un estudoso da numismática e coleccionista de moedas. En 1870 realizou unha viaxe a Exipto a partir da cal comezaron os seus primeiros estudos sobre a moeda e a metroloxía locais, centrados entón na numismática tolemaica.
En 1884 foi elixido membro correspondente da Academia Romanesa e en 1909 ascendeu a titular."Membrii Academiei Române din 1866 până în prezent". Academia Română (Acad.ro). Desde 1914 ata o seu falecemento, Șuțu dirixiu a colección numismática da Academia. Realizou investigacións sistemáticas e científicas sobre as emisións monetarias, e converteuse nun dos expertos máis salientables do sueste europeo neste campo. Comezou creando unha colección de moedas e antigüidades grecorromanas —con pezas adquiridas non só en Romanía, senón tamén en Roma, en París e en Londres— sobre as que posteriormente centrou os seus estudos, centrados sinaladamente na metroloxía antiga, sobre o que achegou perspectivas orixinais inéditas ata aquel momento.
En 1900 participou no II Congreso Internacional de Numismática, celebrado en París.Véxase "(1900)" en "Publicacións". En 1903, foi un dos fundadores da Sociedade Numismática Romanesa, da que foi nomeado o seu primeiro presidente o 28 de decembro dese ano."Scurt istoric al Societății Numismatice Române". En Buletinul Societății Numismatice Române. Nr. 81-82. 1933-1934. Páxina 2.Iliescu, O. (1992). "Societatea Numismatică Română în primul an de activitate (28 dec. 1903 – 31 dec. 1904)". En Buletinul Societății Numismatice Române. 1986-1991. 134-139. Páxinas 11-25. Tamén foi o primeiro director do seu órgano de expresión, o Buletinul Societății Numismatice Române,"Numismatica în România: A doua jumătate a secolului al XIX-lea şi începutul secolului următor". En Numismatica în România (cimec.ro). e posteriormente foi nomeado membro honorario da sociedade. Igualmente, foi membro honorario da Sociedade Francesa de Numismática.
En 1911 e 1912 Șuțu doou a súa colección numismática, composta por milleiros de pezas, á Academia Romanesa.
Publicacións Șuțu publicou varios dos seus estudos sobre as pesas utilizadas en varias colonias gregas. En total, escribiu arredor de corenta traballos sobre numismática e metroloxía antigas, dos que aquí se escolman algúns dos máis representativos."SUŢU, MIHAIL C. (1841-1933)". Bibliografia românească modernă (old.biblacad.ro).
Monografías
(1884). Systemes monétaires primitifs. Bucarest. (1884). Étalons pondéraux primitifs. Bucarest. (1887-1889). Introduction a l'etude des monnaies de l'Italie antique. Vol. I (1887 París); Vol II. (1889, Macon). (1893). Essai de restitution des systèmes monetaires macédoniens. Bucarest. (1895). Nouvelles recherches sur les origines & les rapports de quelques poids antiques. París.
Artigos
(1883). "Systemes monetaire primitifs de l'Asia Mineure et de la Grece". En Revista pentru istorie, archeologie şi filologie. Nº 2. Páxinas 214-247. (1885). "Etalons ponderaux primitifs et lingots monetaires". En Revista pentru istorie, archeologie şi filologie. Nº 4. Páxinas 401-463. (1898)."Etude sur les monnaies imperiales romaines (première partie)". En Revue numismatique. T. II. Páxinas 231-250. (1899). "Etude sur les monnaies imperiales romaines (suite et fin)". En Revue numismatique. T. III. Páxinas 9-17. (1900). "Poids et monnaies de Tomis". En Congrès international de Numismatique réuni, à Paris, en 1900. Société française de numismatique. Páxinas 115-148 [tamén editado como separata]. (1904). "Greutate de plumb inedită a urbei Tomis". En Buletinul Societății Numismatice Române. II. Páxinas 6-7. (1913). "Monete din colecțiunea noastră inedite sau puțin cunoscute, în urbele antice din Dobrogea. En Buletinul Societății Numismatice Române. V. Páxinas 7-29. (1914). "Ponduri antice inedite din Tomis și Callatis". En Buletinul Societății Numismatice Române. X. Páxinas 3-10. (1915). "Ponduri și monede identice din orașele noastre pontice". En Buletinul Societății Numismatice Române. XII. Páxinas 157-171. (1921). "L'evolution ponderale dans l'antiquite". En Buletinul Societății Numismatice Române. XVI. Páxinas 57-82.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alexandrescu Vianu, M. (2006). "Mihail C. Soutzou, le collectionneur". En Karageorghis, V.; Alexandrescu, P. Kypriaka in Romania. Leventis Foundation, Nicosia. ISBN 9789963560691 Bibicescu, I. G. (1921). "Domnul M. C. Sutzu la Banca Națională". En Buletinul Societății Numismatice Române, Nº 37-40. Páxinas 5-7. Moisil, C. (1941). "Mihail C. Soutzo". En Balcanica. IV. Páxinas 479-502.
Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1933 Categoría:Nados en Bucarest Categoría:Numismáticos de Romanía Categoría:Historiadores de Romanía Categoría:Presidentes de bancos centrais Categoría:Coleccionistas