Gyromitra é un xénero de fungos ascomicetos. Son parecidos ás pantorras ou cogomelos de coresma (xénero Morchella), polo que reciben o nome nalgúns países de "falsas pantorras", pero as Morchella son comestibles e as Gyromitra frecuentemente son tóxicas, razón pola que non se deberían confundir.

Taxonomía O nome Gyromitra procede do grego gyro, que significa retorto, e mitra, que significa turbante, pola forma do seu píleo.

A análise do ADN ribosómico de moitos fungos Pezizales mostrou que o xénero Gyromitra debe estar máis emparentado co xénero Discina e tamén con Pseudorhizina e Hydnotrya, e está relacionado máis distantemente con Helvella. Polo tanto, os catro xéneros están agora incluídos na familia Discinaceae.

Especies O xénero comprende as seguintes especies:

Gyromitra accumbens Harmaja (1986) Gyromitra apiculatula (McKnight) Berthet (1972) Gyromitra arctica Vassilkov (1969) Gyromitra bubakii Velen. (1922) Gyromitra californica (W. Phillips) Raitv. (1965) Gyromitra chirripoensis L.D. Gómez (1972) Gyromitra columbiana Harmaja (1986) Gyromitra convoluta (Seaver) Van Vooren (2009) Gyromitra discinoides (S. Imai) S. Imai (1954) Gyromitra esculenta Pers. ex Fr. (1849) Gyromitra fluctuans (Nyl.) Harmaja (1986) Gyromitra grandis (A. Cumino) Van Vooren & M. Carbone (2019) Gyromitra intermedia (Benedix) Harmaja (1976) Gyromitra korfii (Raitv.) Harmaja (1973) Gyromitra korshinskii (Jacz.) P.M. Kirk (2015) Gyromitra labyrinthica Fr. (1871) Gyromitra lactea J.Z. Cao, L. Fan & B. Liu (1990) Gyromitra larryi (McKnight) Harmaja (1976) Gyromitra leucoxantha (Bres.) Harmaja (1969) Gyromitra longipes Harmaja (1979) Gyromitra macrospora (Bubák) Harmaja (1973) Gyromitra mcknightii Harmaja (1986) Gyromitra microspora (Donadini) Harmaja (1986) Gyromitra neuwirthii Velen. (1922) Gyromitra olympiana (Kanouse) Harmaja (1973) Gyromitra parma (J. Breitenb. & Maas Geest.) Kotl. & Pouzar (1974) Gyromitra pratensis Velen. (1934) Gyromitra recurva (Snyder) Harmaja (1978) Gyromitra sichuanensis Korf & W.Y. Zhuang (1985) Gyromitra slonevskii V.P. Heluta (2001) Gyromitra sphaerospora (Peck) Sacc. (1889) Gyromitra spinosospora (Lucchini & Pelland.) A. Koch, Christan & Lohmeyer (1996) Gyromitra splendida Raitv. (1974) Gyromitra suspecta (Krombh.) J. Schröt. (1893) Gyromitra tasmanica Berk. & Cooke (1878) Gyromitra venenata Hai J. Li, Z.H. Chen & Zhu L. Yang (2020) Gyromitra warnei (Peck) Harmaja (1973)

Toxicidade Algunhas especies do xénero Gyromitra son moi velenosas cando se comen crúas debido a que conteñen xiromitrina, aínda que algunhas son comestibles despois de cocidas e son apreciadas nos países escandinavos. Informouse de casos de hemólise xeneralizada despois da inxestión deste fungo, que poden orixinar insuficiencia renal. Tamén se observaron caos de metahemoglobinemia, aínda que normalmente responde ao tratamento con azul de metileno. Poden desenvolverse tamén convulsións por inhibición do neurotransmisor GABA.Gyromitra Mushroom Toxicity en eMedicine

Notas

Categoría:Pezizales