A Pena dos Sete Pastores é unha rocha do monte da Marronda, no concello de Baleira. Sitúase a uns 890 m sobre o nivel do mar, e fai de marco entre terreos de sete aldeas: Mendreiras, Fórneas, Castrelo, A Espiña, Millares, A Braña e Retizós.
Historia
A través dun documento do ano 1232 do tombo do mosteiro de Santa María de Meira, o rei Fernando III de Castela dóalle ao mosteiro unhas terras que demarcan con esta pena (Pennam septem pastorum).
Notas
Categoría:Montañas de Galicia
Categoría:Baleira