miniatura|dereita|Rosa Montero na Feira do Libro de Madrid 2007 Rosa Montero Gayo, nada en Madrid o 3 de xaneiro de 1951, é unha xornalista e escritora española.

En decembro de 2022 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes do Goberno de España.

Traxectoria De orixe humilde, estudou xornalismo e psicoloxía, aínda que abandonou esta última carreira en cuarto curso. Colaborou con grupos de teatro independente como Canon ou Tábano, á vez que comezaba a publicar en diversos medios informativos (Fotogramas, Pueblo, Posible etc.). Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País, no que foi redactora xefe do suplemento dominical durante 1980-1981.

En 1981 gañou o Premio Nacional de Xornalismo para reportaxes e artigos literarios. En 1997 gañou o Premio Primavera por "La hija del caníbal", obra que ó ano seguinte tamén recibiu o premio á mellor novela outorgado polo Círculo de Críticos de Chile. "La loca de la casa" gañou o premio Qué Leer á mellor novela española de 2003 e o Grinzane Cavour ó mellor libro estranxeiro publicado en Italia en 2004. "Historia del Rey Transparente" obtivo o Premio Qué Leer á mellor novela española de 2005.

A súa obra está traducida a vinte linguas..

Obra

Novela Crónica del desamor (Debate, 1979) La función Delta (Debate, 1981) Te trataré como a una reina (Seix Barral, 1983) Amado amo (Debate, 1988) Temblor (Seix Barral, 1990) Bella y oscura (Seix Barral, 1993) La hija del caníbal (Espasa, 1997) Amantes y enemigos (Alfaguara, 1998) El corazón del tártaro (Espasa, 2001) La loca de la casa (Alfaguara, 2003) Historia del Rey Transparente (Alfaguara, 2005) La ridícula idea de no volver a verte (Seix Barral, 2013) El peso del corazón (Seix Barral, 2015) La carne (Alfaguara, 2016) La buena suerte (2020)

Novela xuvenil El nido de los sueños (Siruela, 1991, 2004)

Contos infantís Las barbaridades de Bárbara (Alfaguara Infantil e Xuvenil, 1996) El viaje fantástico de Bárbara (Alfaguara Infantil e Xuvenil, 1997) Bárbara contra el Doctor Colmillos (Alfaguara Infantil e Xuvenil, 1998)

Relatos Doce relatos de mujer (con once autores máis)(Alianza, 1982) El puñal en la garganta (Alfaguara, 1994) (no vol. colectivo "Relatos urbanos") Amantes y enemigos. Cuentos de parejas (Alfaguara, 1998) Las madres no lloran en Disneylandia (Relato, 1999) Cuentos del mar (con oito autores) (Ediciones B, 2001)

Ensaio xornalístico

España para ti para siempre (AQ Ediciones, 1976) Cinco años de país (Debate, 1982) La vida desnuda (Aguilar, 1994) Historias de mujeres (Alfaguara, 1995) Entrevistas (Aguilar, 1996) Pasiones (Aguilar, 1999) Estampas bostonianas y otros viajes (Península, 2002) Lo mejor de Rosa Montero (Espejo de tinta, 2005)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas https://www.rosamontero.es/index.html

Montero, Rosa Montero, Rosa Categoría:Nados en Madrid