"La Alianza, Compañía de Crédito y Seguro" creouse en 1858. Entre as súas funcións estaba administrar a liquidación e fusión coas seguintes catro sociedades mercantís: a Caja Central de Comercio, o Banco de Pinar del Río, a Caja del Crédito Agrícola de Cárdenas, da Compañía "La Positiva". Ademais, vaise sumar "La Providencia", compañía máis importante de seguros sobre a vida dos escravos. En 1859 chegou a ter 25.628 persoas escravizadas aseguradas. Os dous principais investimentos de "La Alianza" oriéntanse aos camiños de ferro e á importación de "colonos" da China, é dicir, ao tráfico de chineses escravizados (culís).
La Alianza entrou no comercio de culís en 1859, proporcionando gran parte do financiamiento esencial para a importación de culís chineses. La Alianza logo formou unha poderosa alianza coa Empresa de Colonización (propiedade de Rafael Rodríguez Torices, Marcial Dupierris, Antonio Ferran e Juan A. Colomé). Xuntas, estas dúas empresas (La Alianza e a Empresa de Colonización) dominaban o comercio xunto cos Zulueta.
En 1862 o capital social da compañía ascendía a 2.800.000 pesos. Estaba distribuído en 5.600 accións de 500 pesos cada unha. Como máximos accionistas de "La Alianza" aparecen: Ramón Plá y Monge, 331 accións; Compañía de Seguros "La Positiva", 197; Banco Español de La Habana, 151; Pedroso e Cª, 130; e Rotman e Finke, 117. Realizou a súa liquidación en 1878.miniatura|Contrato de La Alianza cun chinés escravizado.|centro Notas
Categoría:1858 Categoría:Historia contemporánea de España Categoría:Historia de España do século XIX Categoría:Historia de Cuba Categoría:Escravitude