Nanook é un grupo musical groenlandés de rock e pop formado polos irmáns Christian e Frederick Elsner en 2008. O nome refírese ao oso mitolóxico inuit.
As letras de Nanook están en lingua groenlandesa. Rexeitaron unha oferta de Sony porque a empresa quería que se cambiasen ao inglés. O seu estilo musical é o indie rock suave e melódico.
Christian e Frederick son medio inuit e medio dinamarqueses. Son orixinarios do sur de Groenlandia, mais mudáronse a Nuuk en 2001. Dirixen a empresa familiar Atlantic Music, unha compañía discográfica e tenda de instrumentos musicais.
Nanook é a banda máis popular de Groenlandia. En 2010 venderon 5.000 álbums, o que significa que un de cada dez groenlandeses comprou un exemplar.
Traxectoria Nanook lanzaron o seu primeiro álbum Seqinitta Qinngorpaatit en 2009. Gañaron o premio ao "Mellor álbum" nos Premios de Música de Groenlandia en 2010 e de novo en 2014.
Actuaron no festival de música saami Riddu Riđđu en 2010, o cal foi o seu primeiro concerto en Sápmi, no norte de Fenoscandia. Actuaron de novo no festival en 2015. Actuaron no Festival de Roskilde en 2019.
Discografía Álbums 2009: Seqinitta Qinngorpaatit 2011: Ai Ai 2013: Nanook 2014: Pissaaneqaqisut 2016: Ai
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nanook
Categoría:Grupos musicais de Groenlandia Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais formados en 2008