Colette Cavanagh, nada en Glasgow o 24 de novembro de 1998, é unha futbolista escocesa que xoga como centrocampista no Ipswich Town, da Women's Super League 2.
Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras do Rossvale e do Celtic FC, debutando co primeiro equipo deste último con só 16 anos. En 2016 mudouse a Edimburgo para estudar na Universidade de Edimburgo e fichou polo Spartans. Volveu brevemente ao Celtic en 2018 antes de fichar polo Hibernian, co que gañou a Copa da Premier League Escocesa. Como xogadora dos Hibs, gañou o premio á Xogadora do Mes da liga en setembro de 2021, converténdose na primeira xogadora en gañar o premio con dous clubs diferentes (o primeiro fora co Celtic en maio de 2018), e en 2022 foi incluída no primeiro Equipo Feminino do Ano da PFA de Escocia.
En xullo de 2022 fichou polo Rangers, co que marcou 6 goles en 11 partidos e gañou unha segunda Copa da Liga, ademais da Copa de Glasgow, Nas tempadas 2023/24 e 2024/25 volveu militar no Celtic.
En xullo de 2025 deixou Escocia e instalouse en Galicia, onde fichou polo Deportivo da Coruña, da Primeira División. No conxunto galego apenas tivo participación, a pesar da saída de Sara Extremera a Badalona e da lesión de longa duración de Paula Monteagudo. O adestrador Fran Alonso concedeulle só 33 minutos en liga, repartidos en catro partidos, ademais dun encontro da Copa da Raíña. En xaneiro de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Ipswich Town, derradeiro clasificado na segunda división inglesa.
Palmarés Hibernian Copa da Premier League de Escocia (1): 2019.
Rangers Copa da Premier League de Escocia (1): 2022/23. Copa de Glasgow (1): 2022.
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Glasgow Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino