miniatura|Rexistro da partida de nacemento de Dolores Rodeiro Dolores Rodeiro Boado, nada o 29 de marzo de 1852 en Santiago de Compostela, considérase a primeira muller escultora galega da que hai rexistros documentais. Descoñécese a data do seu falecemento. Na zona de Sar, en Santiago de Compostela, ten unha rúa co seu nome.
Formación Viviu na rúa do Vilar, 49, segundo o padrón municipal de 1898 de Santiago de Compostela."María Dolores Rodeiro Boado naceu en 1852. En 1898 vivía na rúa do Vilar, nº 49, e tiña por profesión escultora, única nesta profesión que atopamos no pasado século XIX. Estes Rodeiro teñen moitas esculturas de santos relixiosos por toda Galiza". alt=La Voz de Galicia, 23 de abril de 1884|miniatura|Prórroga da axuda da Deputación á escultora Dolores Rodeiro para a súa estadía formativa en Madrid Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde recibiu formación das especialidades de Debuxo do Antigo e de Modelado do Antigo, grazas a unha pensión da Deputación da Coruña que obtivo no ano 1881. Con todo, na acta de 4 de febreiro de 1869 do Pleno da Deputación, xa consta a súa primeira solicitude. "A primeira pensión artística, á marxe de convocatoria oficial ou regulamento algún, concédeselle a unha muller, Dolores Rodeiro Boado para seguir os seus estudos de escultura en Madrid, en 1881. O curioso é que xa en 1869, con tan só 16 anos a solicitara". alt=Rúa das Rodas, 16. Santiago de Compostela.|miniatura|Lugar onde a familia Rodeiro tiña o seu obradoiro de escultura, na rúa das Rodas, en Santiago de Compostela. miniatura|Na páxina 8 do Boletín Oficial Eclesiástico del Arzobispado de Santiago 20/04/1874 sae unha referencia a Dolores Rodeiro para anunciar que pode recibir encargos artísticos logo do falecemento do seu pai, o tamén escultor Francisco Rodeiro. En La Voz de Galicia do 23 de abril de 1884, dáse conta da prórroga concedida por dous anos máis a esta pensión económica da Deputación para contribuíren a completar a súa formación como escultora en Madrid.
Canda ela, tamén estudou a súa irmá Vicenta Rodeiro Boado (1861-1931) na Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado, filial da Academia de Belas Artes de San Fernando, que participara na Exposición de Lugo de 1877.
Obra artística En 1875, Dolores Rodeiro obtén mención honorífica na Exposición Rexional e Industrial e Artística de Galiza de Santiago de Compostela por dúas pezas, que representan un crucifixo e mais un santo Ignacio de Loiola.
De volta a Santiago, traballa no obradoiro de escultura familiar situado na rúa das Rodas, 16, xunto ao seu pai Francisco Antonio María Rodeiro Permuy (1813 -1873). Alí realizan tallas de imaxes relixiosas en madeira, cun característico 'movemento en S' das figuras e cos rostros idealizados, con abondosos pregados na roupa e composicións frontais en triángulo isóscele. Pese a que Dolores Rodeiro se dedicou profesionalmente á escultura, a maioría das pezas saídas deste obradoiro están asinadas polo seu pai."Aínda que a filla continúa o estilo paterno, nótase nas súas tallas máis delicadeza nas roupas e máis finura nas súas encarnacións, con gustos claramente femininos". José Cardeso Liñares.Ademais do crucifixo e do santo Ignacio, son da súa autoría, con sinatura propia na peaña, a Inmaculada Concepción de San Martiño de Tabeaio, en Carral, e a Virxe do Rosario de San Xián de Artes, en Ribeira.
Para a Catedral de Astorga tallou un Santiago Peregrino, do que se fixo eco a prensa, cun artigo en que se louva o traballo da artista galega, cun comentario de xénero sobre a profesión de escultora."Cada vez máis, admirámonos de que obra de tales dimensións e tan ben acabada sen faltar á ningunha das regras da estética fose executada por unha muller, non porque creamos lle estea vedado ao belo sexo profesar a arte dos Fidias, Miguel Anxo, Canova, Benvenuto Cilini e Montañés senón porque a execución da arte demanda condicións que non son fáciles de se encontrar na débil estrutura da muller".A Rede de Patrimonio Cultural, en agosto de 2020, advertiu da posta á venda nunha tenda de antigüidades dunha escultura que representa Santiago Peregrino, obra de Dolores Rodeiro Boal.
Notas
Categoría:Escultores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en ano descoñecido