Winnie the Pooh and the Blustery Day é unha curtametraxe animada de 1968 dirixida por Wolfgang Reitherman. Baséase nos libros Winnie-the-Pooh e The House at Pooh Corner de A. A. Milne. Foi producido por Walt Disney Productions, e estreouse a través de Buena Vista Distribution Company o 20 de decembro de 1968 xunto co filme The Horse in the Gray Flannel Suit.
A música foi escrita por Richard M. Sherman e Robert B. Sherman. É recoñecida como a derradeira curtametraxe animada de Disney producida por Walt Disney, quen morreu de cancro de pulmón o 15 de decembro de 1966, dous anos antes do seu lanzamento.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada