Lula Goce López é unha artista galega, nada en 1976 en Baiona, especializada en pintura mural de gran formato. Participa en festivais de arte urbana galegos e internacionais, cunha obra que transforma a paisaxe en narrativa poética visual, onde se mesturan retratos, soños, conciencia ambiental e elementos de identidade para a integración no espazo da contorna onde pinta.

Formación artística Licenciouse en Belas Artes en Salamanca, coa especialidade en pintura. Fixo o doutoramento e un máster en Creación artística na Universidade de Belas Artes de Barcelona. Ademais, estudou Deseño gráfico no Centre de formació Pauta e mais Ilustración na Escola de la Dona, tamén en Barcelona.

Estilo creativo miniatura|Obra mural de Lula Goce no CEIP Enrique Barreiro, en Cambados. Lula Goce emprega o muro como fondo da composición, como un elemento plástico máis, un aspecto ligado ao concepto de "site-specific" que caracteriza a súa traxectoria para envolver o ambiente que rodea a pintura. De aí xorden os retratos de mirada pensativa onde con frecuencia agroman flores, ondas do mar e seres mitolóxicos.

Como forma creativa de apoderamento e de sororidade, elixe rostros de mulleres para ocuparen espazos públicos e daren a coñecer o seu papel na ciencia, na arte e nos ámbitos en que foi habitual o predominio masculino durante séculos.

Concibe a arte urbana mediante o concepto de "opera aperta" proposto por Umberto Eco, en que a obra non ten un significado único e opta por deixar que cada persoa a interprete e complete a mensaxe, nun acto de comunicación directa da artista-emisora coa espectadora, sen unha opinión guiada por un texto de sala ou por un catálogo como pode acontecer nun museo.

Como fontes de inspiración, pódense destacar a pintura e mais a escultura clásica, barroca, manierista e da arte contemporánea, con influencias de deseño gráfico e da ilustración.

Festivais e outras actividades profesionais En 2015 pinta en Bélxica o seu primeiro mural en gran formato, comisariado por Arne Quinze, cunha estrutura de seis andares de colectores de mercadorías.

Participa en festivais de arte urbana como Vigo Cidade de Cor, Derrubando muros con pintura, Tuenti Urban Art na Facultade de Belas Artes de Murcia, Mad Cool Festival en Madrid, Womart en Vilanova i la Geltrú, Urban Fair en París, Waterford Urban Festival en Irlanda, Memorie Urbana en Italia, North West Walls en Bélxica, Zona Maco en México, PolinizaDos en Valencia, Tuenty Urban Art, Mad Cool Festival en Madrid ou BAC en Barcelona.

Tamén foi figura clave de proxectos en centros de arte como a Casa das Conchas en Salamanca, no Centro de Artes Santa Mónica e o CCCB en Barcelona, no Matadero en Madrid, no MARCO en Monterrey (México) ou no Museo Diego Rivera en Guanajuato (México). Ademais, expuxo a súa obra en DDR Projects Gallery en Long Beach, California, Inoperable Gallery, Viena, Next Street Gallery en París e Street Art Place en Italia.

Entre outros traballos, foi directora de arte na película "Luna Llena", de Kálida Producciones; participou na Campaña de Bones Pràctiques Artístiques coa Asociació d'Artistes Visuals de Catalunya e no deseño e creación de proxectos didácticos para a Fundación Pedro Barrié de la Maza, ademais de ser debuxante da revista Esquirre.

Exposicións Entre as exposicións de Lula Goce, pódense destacar as seguintes: miniatura|Mural "A creación", de Lula Goce, na igrexa Virxe do Camiño en Pontevedra. 2024 Galería Aberta. Exposición colectiva. Long Beach, California. 2024 A arte da rúa é feminina. Exposición colectiva. Sede das Nacións Unidas. Nova York, EEUU. 2024 Bienal Internacional de Arte Contemporánea Calatrava. Exposición colectiva. Castelo de Calatrava, España. 2023 Elas tamén pintan. Auditorio de Galicia. Exposición colectiva. Santiago de Compostela. 2023 Feira de Arte Moderna de Palm Beach con Espinasse 31. Palm Beach, EEUU. 2022 Keep a Breast. Curada por Yasha Young. Nashville, EEUU. 2022 Dune Plants. Embaixada de España. Exposición individual. Washington, EEUU. 2022 Unha Raíz, Un Artista, Akutiga Francia. Exposición colectiva. París, Francia. 2022 Espinasse 31. Exposición individual. Madrid, España. 2019 Feira de Arte Rede Dot Miami. 2019 Galería Espinasse 31 de Milán. Italia. 2019 Feira de Arte Urvanity con Next Street Gallery, EEUU. 2019 Mitos urbanos. MURAM, Museo Rexional de Murcia. Exposición colectiva. Cartaxena, España. 2018 Galería Next Street. Exposición individual. París, Francia. 2018 Feira de Arte Urbana de París. Galería Next Street. Exposición colectiva. París, Francia. 2018 Galería Street Art Place . Exposición colectiva. Gaeta, Italia. 2017 Street Art Place | Galería urbana. Exposición colectiva. Gaeta, Italia. 2016 Feira de Arte Madrid. Galería Metro Arte Contemporánea. Madrid. España. 2015 Casa Colorida. Exposición individual. Nigrán. 2015 Té con Madalenas. Exposición colectiva. Comisariada por Clara Rodríguez Cordeiro. Sala Normal. A Coruña. 2014 Cuarto Público. Galería Metro Arte Contemporánea. Exposición colectiva. Madrid. España. 2013 Feira de Arte Madrid. Galería Metro Arte Contemporánea. Exposición colectiva. Madrid. España. 2012 II Edición de Arte na Vila 2012 . Galería A+B. A Guarda. 2012 Feira de Arte Madrid. Galería Metro Arte Contemporánea. Madrid. España. 2012 Metro Arte Contemporánea. Exposición individual. Santiago de Compostela. 2012 Colectiva de Nadal. Galería Metro Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. 2011 Novos valores 2011, Museo Provincial de Pontevedra. Pontevedra. 2011 A-MAR. Sala Ponte das Rosas. IEM. Gondomar. Pontevedra. 2010 Feria de Arte Contemporáneo "ENTIJUANARTE" Galería LA SALA. Tijuana. México. 2010 "Tempus Fugit". Galería La Sala. Contexto ZONA MACO. Monterrey, México. 2009 "Éxtasis de goce", intervención mural en el contexto del Festival de Arte Contemporáneo BAC 10.0 en el CCCB de Barcelona. Cataluña. 2009 "Corazonada", Canteen Galery. Otawa. Canadá. 2009 "Detúatú. 3 puntos colega". Premi Miquel Casablancas. Proyecto comisariado por BeCuPu y Alex Brahím. Centre Cívic Sant Andreu. Barcelona. Cataluña. 2008 "Aterciopelo". Mural De Lo Divino. La Capsa. Prat de Llobregat. Cataluña. 2008 "Metamorfósis". Un proyecto de Abélula (Lula Goce y Abel del Castillo) en galería Little Kitchen. Barcelona. Cataluña. 2008 "Superconstellation" Espacio artístico Todojunto. Barcelona. "De lo Divino". Galería NIU. Barcelona. 2007 "The Tunel of Love". Nit CASM de Hangar. Centro de Arte Santa Mónica. Barcelona. Cataluña. 2007 "Nodes de Gràcia". Portes Obertes. Experimentem amb l'Art. Barcelona. Cataluña. 2007 Mónica Catenberg en Tallers Oberts en el Taller Caminal. Barcelona. Cataluña. 2007 "Tetrabrick. Action" I Trobada Artística del Poblenou. Barcelona. Cataluña. 2007 "Canada vs Spain". Colectiva Inoperable Galery. Viena, Austria. 2007 "Veladas". Espacio del CUB. Centro de Producción Artística La Capsa. Prat de Llobregat. Cataluña. 2007 "Conchita. Claves para reconocer su identidad". Sala de Exposiciones de la UB. Facultad de Bellas Artes. Barcelona. Cataluña. 2006 Sala de Exposiciones Casa de las Conchas de Salamanca. Salamanca. España. 2006 Sala de Exposicións Concello de Baiona. Pontevedra. 2005 Galería Victoria Hidalgo de Madrid. Sala de Exposiciones Fundación Talens. Hospitalet de Llobregat. Barcelona. Cataluña. 2004 Sala de Exposiciones Rivera Baixa. El Prat de Llobregat. Cataluña. 2003 Galería Victoria Hidalgo de Madrid. España. 2002 Espai d'art ACEA, Barcelona. Espacio Panorama, Facultad de Bellas Artes de Salamanca. Sala de Exposiciones. Salamanca. España. 2002 Faculdade de Arquitetura da Universidade de Coimbra. Portugal.

Notas

Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1976 Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca