Aalborg ou Ålborg é unha comuna e cidade de Dinamarca, capital da rexión de Nordjylland, na península de Xutlandia. Ten unha poboación de 162 381 habitantes (121 549 na cidade), sendo a cuarta máis poboada de Dinamarca.

Historia Fundada como un asentamento comercial viquingo (século V). A primeira mención do seu nome, Alabu, aparece nunha moeda datada no 1040. No ano 1342 recibe o título de cidade polo rei Valdemar. Na Idade Media foi unha próspera cidade comercial baseada no comercio de arenque, gran e carne. No 1516 recibiu o monopolio de salgar o arenque. Dende 1554 é sede dun bispado luterano. No século XVIII chega a revolución industrial á cidade, no 1865 constrúese a primeira ponte sobre o Limfjord, no 1889 chega o primeiro camiño de ferro á cidade.

Arquitectura Un castelo antigo e algunhas casas é todo o que queda do XVII. A catedral data de mediados do XVIII, a Igrexa da Nosa Señora é unha reconstrución de comezos do XX dunha igrexa do XIV parcialmente queimada en 1894. Son tamén salientables o hospital antigo e o museo local.

Economía A economía da cidade baséase no estaleiro naval, a escola naval e o porto comercial. Son salientables tamén a industrial téxtil, química e tabaqueira. Arredor da Universidade está medrando nos últimos anos a industria de telecomunicacións.

Demografía miniatura|esquerda|Praza de Nytorv. miniatura|esquerda|Universidade. Evolución da poboación:

1980 - 153 948 1985 - 154 750 1990 - 155 019 1995 - 159 056 1999 - 160 937 2000 - 161 161 2003 - 162 521 2010 - 162 381

Véxase tamén

Ligazóns externas Concello de Aalborg Oficina de Turismo de Aalborg Universidade de Aalborg

Categoría:Cidades de Dinamarca Categoría:Nordjylland