Manuel Carballedo Fernández, nado na Esperela (Baleira) cara a 1871 e finado no Cádavo o 9 de febreiro de 1936, foi un industrial e político galego. Traxectoria En 1931 era o tesoureiro da Organización Republicana Gallega Autónoma en Baleira. Foi alcalde do concello durante a Segunda República Española até a súa morte.

Vida persoal Estivo casado con Concepción Gómez Díaz, e tiveron a María Luz Carballedo Gómez. Faleceu na súa casa aos 64 anos.

Notas

Categoría:Alcaldes de Baleira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Nados en Baleira Categoría:Nados no século XIX

Categoría:Finados en 1936