A lingua chitimacha (/ˌtʃɪtɪməˈʃɑː/ CHIT-i-mə-SHAH ou /tʃɪtɪˈmɑːʃə/ chit-i-MAH-shə, ou sitimaxa) é unha lingua illada que foi falada historicamente polo pobo chitimacha de Luisiana, nos Estados Unidos. Extinguise en 1940 coa morte da derradeira falante fluída, Delphine Ducloux.

Aínda que xa non se fala, foi amplamente documentada na obra (na súa maior parte inédita) dos lingüistas Morris Swadesh e John R. Swanton a comezos do século XX. Swadesh en particular escribiu unha gramática e un dicionario completos, e recompilou numerosos textos dos dous derradeiros falantes, aínda que nada diso está publicado.

Estanse a realizar esforzos de revitalización lingüística para ensinar a lingua a unha nova xeración de falantes. Os membros da tribo recibiron o software Rosetta Stone para aprender a lingua. Dende 2015, está en preparación un novo dicionario de chitimacha e están a impartirse clases na reserva dos Chitimacha. Foi aprendida por algúns nenos a través de programas de inmersión lingüística.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Linguas illadas Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América