Unha trémbora ou tremedal é un ecosistema húmido normalmente cuberto de herba, onde nace auga e ao pisalo móvese. Ao longo do tempo vai acumulando materia orgánica en capas. É un tipo de hábitat significativo/específico recoñecido por varias administracións para a súa conservación. O estudo de prospeccións mediante cilindros deste ecosistema, permítelle coñecer á Palinoloxía a vexetación que houbo nunha determinada zona en diferentes épocas históricas.
Notas
Categoría:Ecosistemas