Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин; ), nado en Klushino (óblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (óblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta ruso que, o 12 de abril de 1961, marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo exterior, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave espacial Vostok 1.
Gagarin converteuse nunha celebridade internacional, e foi galardoado con diferentes medallas e honores, como o de Heroe da Unión Soviética, o honor máis elevado da nación. A Vostok 1 foi a súa única misión espacial, aínda que ocupou un cargo na tripulación de recambio da misión Soiuz 1 (que terminou en accidente). Despois, Gagarin converteuse no director de formación adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas, que logo se renomeou no seu honor. Gagarin morreu o cando o Mikoian-Gurèvitx MiG-15 que pilotaba se estrelou.
Infancia e mocidade miniatura|esquerda|200px|Museo e casa natal de Gagarin, Klúshino (2008) IuraIura (Юра) é o diminutivo do seu nome Iuri (Юрий) naceu na pequena vila de Klúshino preto de Gzhatsk na provincia de Óblast de Smolensk, un 9 de marzo de 1934. Gzhatsk renomeouse como Gagarin no seu honor en 1968 despois da súa morte. Os seus pais, Alexey Ivanovich Gagarin e Anna Timofeyevna Gagarina, traballaban nunha granxa colectiva. Aínda que oficialmente eran descritos como 'campesiños', a súa nai era unha ávida lectora de libros e o seu pai un talentoso carpinteiro. Iuri era o terceiro de catro irmáns e a súa irmá máis vella foi a encargada de coidalo mentres os seus pais traballaban.
Como millóns de persoas na Unión Soviética, a familia Gagarin atopouse coa ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial. Despois que un oficial alemán ocupase a casa dos Gagarin, construíron unha pequena choza de barro onde se ocultaron un ano e nove meses ata o final da ocupación estranxeira. Os seus dous irmáns máis vellos foron deportados á Alemaña nazi como man de obra escrava en 1943, e non regresaron ata logo da guerra. En 1946, a familia trasladouse a Gzhatsk onde Gagarin continuaría coa súa educación secundaria.
O seu profesor de matemáticas loitou co Exército Vermello do Aire durante a Gran Guerra Patria (en ruso: Великая Отечественная война, Velíkaya Otéchestvennaya voyná), un feito que impresionou ao mozo Gagarin. Segundo a súa filla, Ielena Gagarina, recordaba a miúdo unha vivencia da segunda guerra mundial cando un piloto soviético foi derribado sobre a súa vila. Iuri xunto a outros amigos rescatárono e mantiveron oculto dos nazis ata que outro amigo veu a buscalo noutro avión. Este feito segundo Ielena, marcouno e desde entón quixo ser piloto.
Iuri foi obreiro na industria metalúrxica ata 1954, ano en que se apunta no aeroclub da cidade de Saratov. Aprendeu a pilotar un avión lixeiro, unha afección que cada vez se fixo máis intensa. Ao parecer era un gran seguidor do rugby ruso, e por iso quixo que os recrutas da Academia Gagarin practicasen o deporte do balón oval.
A súa carreira no programa espacial soviético miniatura|250px|Módulo habitable do Vostok 1 (museo RKK Energiya). En 1955, tras finalizar os seus estudos técnicos, entrou na Escola Militar de Pilotos de Oremburgo. Durante a súa estancia na escola coñeceu a Valentina Goriácheva, coa que casou en 1957 logo de conseguir as súas ás de piloto. Neste mesmo ano o goberno soviético realiza grandes fitos na exploración espacial, adiantándose aos Estados Unidos, poñendo en órbita o primeiro satélite artificial, o Sputnik 1, o 4 de outubro e o 3 de novembro poñendo en órbita o Sputnik 2 coa cadela Laika, o primeiro ser vivo no espazo. Pouco despois, en 1959, preséntase como candidato ao arriscado programa espacial do goberno soviético. Selección e adestramento
En 1960, o programa espacial soviético abriu un proceso de selección onde se presentaron uns 3500 voluntarios, todos pilotos de caza. Os vinte últimos recibiron unha formación inicial e despois escolleuse a un grupo de seis homes. Finalmente Gagarin resulta elixido como primeiro cosmonauta, e foi sometido a unha serie de experimentos e probas para determinar a súa resistencia física e psicolóxica durante o voo.
Gagarin competiu nesta selección con Gherman Titov e Grigori Nelyubov. Poida que a elección definitiva de Gagarin sexa que aprobou os exames cos niveis máis altos, así como polas súas mellores características físicas, Gagarin medía 1.57 metros de altura, unha vantaxe na pequena cabina da nave Vostok. Titov no primeiro voo ao espazo quedou como reserva por se fallaba Gagarin a quen acompañou, tamén vestido co traxe de cosmonauta, ata o foguete. Tres meses despois Titov converteuse no segundo piloto ruso en voar ao espazo, e no terceiro do mundo despois do estadounidense Alan Shepard.
Minutos antes de embarcar á súa nave deixou gravado unha mensaxe:
O voo espacial
miniatura|200px|Maqueta de Vostok 1 (Museo Francés do Aire e do Espazo). O mércores 12 de abril de 1961, Gagarin converteuse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo na nave Vostok 3KA-3, máis coñecida como Vostok 1. O seu nome clave durante o voo foi Kedr (en ruso кедр, cedro), é dicir, piñeiro siberiano, os operadores de terra eran Zaryá (Заря, Aurora) e Vesná (Весна,primavera) Sábese que o voo durou 108 minutos en total: 9 minutos para entrar en órbita e logo unha órbita ao redor da Terra. Mentres, todo o que tiña que facer era falar por radio, probar un pouco de comida -foi o primeiro en comer a bordo dunha nave espacial- co obxectivo de saber se un ser humano podía sentir e comportarse de xeito normal estando sen gravidade.
Debido a que os científicos non coñecían con certeza os efectos da ingravidez, a nave estivo sempre baixo control terrestre. En caso de urxencia contaba con todos os instrumentos de voo necesarios para o aterraxe manual. Gagarin estaba suxeito a un asento exectable, por medio do cal sairía do módulo da nave logo do descenso, a unha altitude de aproximadamente 7 quilómetros.
O voo do Vostok 1 comezou ás 06:07 hora universal (UTC), impulsado por un foguete da serieVostok-K desde o Cosmódromo de Baikonur. Os controladores de terra non sabían se Gagarin alcanzaria unha órbita estable ata 25 minutos despois do lanzamento, xusto cando se dirixía cara ao lado non iluminado da Terra e deixando atrás a Unión Soviética a través do océano Pacífico. Cruzou na madrugada o estreito de Magallanes e durante o amencer o vasto océano Atlántico Sur. Despois activouse o sistema automático da nave para aliñar a cápsula e disparar os foguetes de retroceso para así empezar o descenso, mentres cruzaba a costa occidental de Angola, a uns 8000 quilómetros de altura.
Durante este punto crítico de reentrada atmosférica, presentouse o problema máis grave do voo. A nave debía de desprenderse dunha parte se quería reentrar exitosamente adoptando unha orientación apropiada ou terminaría convertida nunha gran bóla de lume. Durante 10 incómodos minutos, e sen poder actuar, a cápsula viraba violentamente. fallara o sistema de solta automático e a vida de Gagarin perigaba. Por sorte, coa inmensa calor xerada durante a reentrada debilitouse o sistema de ancoraxe e liberouse a cápsula con Gagarin no seu interior. Mentres o seu descenso continuaba, cruzaba os escuros bosques e montañas do centro deÁfrica, decontado o Sáhara, o río Nilo, Oriente Medio, mentres continúa o seu descenso cara ao suroeste da actualFederación Rusa. Preparado para iniciar a expulsión e xa preto do Mar Negro, desfaise da cápsula a 7000 metros sobre o nivel do mar. miniatura|200px|Panel de instrumentos de voo da nave Vostok 1. Debido a un erro do sistema de freado, non aterrou na rexión prevista (a uns 110 quilómetros de Stalingrado, hoxe Volgogrado), senón na provincia de Saratov. Ás 10:20 daquel día, Gagarin, tras saír despedido da cápsula do Vostok, aterrou en paracaídas preto da vila de Smelovka, a uns 15 quilómetros da cidade de Engels. A campesiña Anna Tajtárova veciña dunha granxa colectiva próxima e a súa neta Rita, de seis anos de idade, foron as primeiras persoas en atopar a Gagarin. Levaba un estraño traxe laranxa e un casco branco cunhas grandes iniciais en vermello, CCCP (as siglas en ruso daUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticas). «Vés do espazo?», preguntou a anciá. «Certamente, si», dixo o cosmonauta que, para acougar á campesiña, apresurouse a engadir: «Pero non se alarme, son soviético». A primeira medida inmediata do goberno soviético é o seu ascenso do rango militar de tenente segundo a maior.En España, rango equivalente ao de comandante.
Segundo os medios soviéticos, durante a órbita Gagarin comentou: «Aquí non vexo a ningún Deus». Con todo, non hai gravación que demostre que Gagarin pronunciou esas palabras.Gravación de conversacións de Gagarin coa Terra. (en ruso) En cambio, sábese que Nikita Khrushchev dixo unha vez: «Gagarin estivo no espazo, pero non viu a ningún Deus alí». Daquela estas palabras empezaron a ser atribuídas ao cosmonauta.Entrevista con un amigo proximo de Gagarin. (en ruso) O que si dixo con certeza o cosmonauta desde a nave Vostok 1 foi: «Poboadores do mundo, salvagardemos esta beleza, non a destruamos». Ademais Petrov dixo que Gagarin foi bautizado de mozo nunha igrexa ortodoxa, e no ano 2011 un artigo da revista Foma cita ao reitor da igrexa ortodoxa en Cidade das Estrelas (ruso Звёздный городок, Zviozdni gorodok) dicindo «Gagarin bautizou á súa filla maior Ielena pouco antes do seu voo ao espazo» e que a súa familia adoitaba celebrar Nadal e Pascua.
Actividades posteriores miniatura|200px|Gagarin e Zakaria Mohieddin, Base Aérea de Almaza, O Cairo (1962). Xa na Terra, Gagarin converteuse nun dos seres humanos máis famosos. Nikita Khrushchev considerou que a consecución de Gagarin era unha proba de que había que reforzar o exército soviético con mísiles, máis que con armas convencionais. Esta política, antagonista cos desexos do exército soviético, contribuíu á caída de Khrushchev.Os militares descontentos axudan a destituir a Khrushchev
Despois do voo, Gagarin viaxou ao redor do mundo para promover a fazaña soviética. Tratou de adaptarse á fama pero non o conseguiu.
O mesmo Gagarin no seu libro Vexo a Terra comentou como lle cambiou a vida o feito de ser o primeiro humano en saír ao espazo. Di no último capítulo:
Segundo algunhas versións, isto, unido aos problemas que tiña no seu matrimonio e á orde das autoridades de non permitirlle pilotar avións, conduciuno a empezar a abusar do alcohol.(en ruso) O 3 de outubro de 1961 nun sanatorio de Crimea Gagarin feriuse gravemente, ao saltar ebrio dun segundo piso escondéndose da súa esposa, cando esta sorprendeuno tratando de seducir a unha xove enfermeira.Testemuños de testemuñas do suceso. Memorias do axudante do xefe da VVS N. Kamanin (en ruso) A ferida foi unha perforación do cranio e estivo a piques de morrer.Foto de Gagarin ferido, tempo logo deste suceso Esta ferida impediulle asistir ao XXII Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética, inaugurado o 17 de outubro.Memorias do axudante do xefe da VVS N. Kamanin (en ruso) Gagarin foi sometido a unha exitosa operación de cirurxía plástica para maquillarlle a ferida sobre a cella esquerda.Primeira foto de Gagarin trala operación de cirurxía plástica As aventuras de Gagarin con outras mulleres empeoraban as relacións coa súa esposa.Testimonio dunha camareira: "Gagarin tomou cognac do meu zapato" (en ruso)]Testemuño dunha funcionaria: Gagarin incitouna a beber e logo pretendía deitarse con ela (en ruso)
En 1962 e 1966 foi elixido deputado ao Soviet Supremo da URSS. Foi nomeado vicexefe do Centro de Adestramento de Cosmonautas, que queda na Cidade das Estrelas e que a partir de 1968 leva o seu nome.
Morte miniatura|200px|Avión de combate MiG-15 como o que se estrelou con Gagarin a bordo en 1968.