O volume, do que se organizaron diversas presentacións (en Compostela, Ourense ou Sada) e que se empregou mesmo con intención de reivindicar un Día do Orgullo Galego (o 28 de xuño de 1936 aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia) en confluencia co Día do Orgullo LGTB (28 de xuño), conta con notas e introdución de Antón Lopo, que xa editara parte destas cartas en 1993, dentro do suplemento Revista das Letras.
As misivas orixinais de Suárez Picallo consérvanse na Deputación de Ourense, depositadas no arquivo Blanco Amor. Ignórase o destino das enviadas por Blanco Amor ao político galeguista.
Sinopse As vinte e cinco cartas, na súa maoría en castelán, percorren en primeira persoa os grandes escenarios da historia política galega do século XX: a República, o Estatuto de Autonomía, a Guerra Civil e o exilio. O seu autor, Ramón Suárez Picallo, foi o deputado máis popular do galeguismo (nas eleccións de 1936 conseguiu 170.000 votos, máis que Castelao) e o seu destinatario, Eduardo Blanco Amor, escribiu a a recoñecida novela A esmorga, entre outras obras.
Os dous eran galeguistas, emigrantes en Buenos Aires, activistas de esquerdas, homosexuais e periodistas. Formaban unha combinación que na Arxentina minaba as ideas da colectividade galega e en Galicia levantaba ronchas. Crían que a fin do capitalismo era irreversible.
Por estas páxinas pasan ademais figuras históricas como Castelao, Virxinia Pereira, Negrín, Novoa Santos, Trujillo ou Alonso Ríos.
Malia non ser o eixo principal das misivas a condición sexual do seu autor nin do interlocutor, si permiten rescatar da invisibilidade a diversidade sexual presente en figuras históricas do pasado recente de Galicia e construír referentes LGTB.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
"Galiza, a mártir": unha carta de Ramón Suárez Picallo a Eduardo Blanco Amor (en Areal, revista cultura de Sada) Lectura dun fragmento da obra (en Spotify)
Categoría:Obras literarias de 2016 Categoría:Literatura LGBT Categoría:Eduardo Blanco Amor