Maurice Karnaugh, nado en Nova York o 4 de outubro de 1924 e finado na mesma cidade o 8 de novembro de 2022, foi un físico, matemático, informático e inventor estadounidense, coñecido pola creación dos mapas de Karnaugh empregados na álxebra de Boole.
Traxectoria Formación Karnaugh graduouse en Física polo City College de Nova York en 1948, e doutorouse na mesma disciplina por Yale en 1952 coa tese The Theory of Magnetic Resonance and Lambda-Type Doubling in Nitric-Oxide.
Carreira profesional Karnaugh traballou nos Laboratorios Bell e IBM entre 1952 e 1993. Ademais, entre 1980 e 1999 foi profesor de Ciencias da Computación na Universidade Politécnica de Nova York.
Durante a súa etapa nos Laboratorios Bell, entre 1952 e 1966, desenvolveu os coñecidos como mapas de Karnaugh (1954) e varias patentes para a codificación PCM e circuítos lóxicos magnéticos. Máis tarde, traballou para IBM en Gaithersburg (de 1966 a 1970) e no Centro de Investigación Thomas J. Watson (de 1970 a 1994), estudando redes de interconexión multietapa. En 1976, foi elixido membro do IEEE.
Vida persoal Karnaugh casou con Linn Blank Weil en 1970, e estiveron xuntos até o seu falecemento. Tiveron dous fillos, Robert Victor Karnaugh e Paul Joseph Karnaugh.
Finou no Bronx o 8 de novembro de 2022, aos 88 anos.
Mapas de Karnaugh
alt=Un mapa de Karnaugh|miniatura|Un mapa de Karnaugh Durante a súa etapa nos Laboratorios Bell, Karnaugh inventou un tipo de diagrama lóxico que constitúe unha alternativa para representar as funcións booleanas. Na actualidade, coñécese como mapa de Karnaugh.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Finados en 2022 Categoría:Nados en 1924