Microfundamentos, en economía, é o termo que se refire á análise microeconómica do comportamento dos axentes individuais, como os fogares ou as empresas, sobre os que se sustentan as teorías macroeconómicas.Barro, Robert J. (1993), Macroeconomics, 4ª ed.Maarten Janssen (2008), "Microfoundations", en The New Palgrave Dictionary of Economics, 2ª ed.
A maioría dos primeiros modelos macroeconómicos, incluídos os keynesianos, baseábanse en hipóteses sobre as relacións entre magnitudes agregadas como a produción, o emprego, o consumo e o investimento. Os críticos e partidarios destes modelos estaban en desacordo sobre se tales relacións agregadas eran consistentes cos principios da microeconomía.E. Roy Weintraub (1977). "The Microfoundations of Macroeconomics: A Critical Survey," Journal of Economic Literature, 15(1), pp. 1-23. Por esta razón, nas últimas décadas os macroeconomistas intentaron combinar modelos microeconómicos do comportamento de fogares e empresas para derivar as relacións entre variables macroeconómicas. Na actualidade, moitos modelos macroeconómicos, representando distintas correntes teóricas,Thomas Cooley, ed., (1995), Frontiers of Business Cycle Research, Princeton University Press. son modelos derivados da agregación de modelos microeconómicos, o que permite que poidan ser contrastados con datos macro e microeconómicos.
Historia Os críticos dos métodos macroeconómicos keynesianos sinalaron axiña que algúns dos supostos de Keynes non eran consistentes coa microeconomía estándar. Por exemplo, a teoría do consumo ao longo do tempo de Milton Friedman, coñecida como a 'hipótese da renda permanente', suxería que a propensión marxinal ao consumo da renda temporal —crucial no multiplicador keynesiano— era seguramente moito menor do que asumían os keynesianos. Por este motivo, moitos estudos empíricos intentaron medir dita propensión , e os macroeconomistas tamén estudaron modelos microeconómicos alternativos (como modelos con imperfeccións nos mercados de crédito e aforro por prudencia) que puidesen xustificar unha maior propensión marxinal ao consumo.Angus Deaton (1992), Understanding Consumption, Oxford University Press.
A crítica de Robert Lucas aos modelos de previsión macroeconométrica tradicionais foi especialmente influente no desenvolvemento dos microfundamentos. Tralo aparente cambio na relación da curva de Phillips nos anos 70, Lucas argumentou que as correlacións entre variables agregadas observadas nos modelos macroeconómicos tenderían a variar cando mudasen as políticas macroeconómicas. Isto implicaba que os modelos con microfundamentos eran máis axeitados para predicir os efectos dos cambios de política, baixo a suposición de que ditos cambios non alterasen a estrutura microeconómica subxacente da economía."The Smets-Wouters model", BCE.
Controversia Algúns autores, como Alan KirmanKirman, Alan P. (1992), "Whom or What Does the Representative Individual Represent?" e S. Abu Turab Rizvi, argumentan que o proxecto dos microfundamentos é conceptualmente erróneo, baseándose no teorema de Sonnenschein–Mantel–Debreu.Rizvi, S. Abu Turab (1994), "The Microfoundations Project in General Equilibrium Theory", Cambridge Journal of Economics 18: 357–377 .
Notas
Véxase tamén Outros artigos Macroeconomía Microeconomía Modelo macroeconómico Crítica de Lucas
Categoría:Termos e conceptos de economía Categoría:Macroeconomía