A lingua halkomelem (/ˌhɒlkəˈmeɪləm/;Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh no dialecto do río arriba, no dialecto da illa e no dialecto do río abaixo)}} é unha lingua da familia salish falada por varios pobos das Primeiras Nacións da Columbia Británica. Fálase no que hoxe é a Columbia Británica, dende o sueste da illa de Vancouver, dende a costa oeste da enseada de Saanich cara ao norte, máis aló da illa Gabriela e Nanaimo ata a baía de Nanoose, incluíndo o continente inferior, dende o delta do río Fraser río arriba ata o lago Harrison e o límite inferior do canón de Fraser. O halkomelem está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobo stó꞉lō Pobo tsleil-waututh Bibliografía Carlson, Keith Thor, ed. (2001). 'A Stó꞉lō-Coast Salish Historical Atlas. Vancouver: Douglas & McIntyre.
Galloway, Brent D. (1993). A Grammar of Upriver Halkomelem. Londres, Reino Unido: University of California Press.
Suttles, Wayne. (1990). Central Coast Salish. In Northwest Coast, 453–476. Washington: Smithsonian Institution. Suttles, Wayne. (2004). Musqueam Reference Grammar. Vancouver: University of British Columbia Press.
Categoría:Linguas amerindias do Canadá Categoría:Linguas salish da costa Categoría:Pobo tsleil-waututh