San Lourenzo de Pentes é unha parroquia do concello da Gudiña, situada a uns 11 km ao suroeste da capital do concello. Segundo o IGE tiña 63 habitantes no 2014 (32 homes e 31 mulleres), 19 menos ca en 2011.

Xeografía Ten paisaxe montañosa con diversos tipos de árbores, como piñeiros, carballos ou castiñeiros. Percorren a parroquia o río Mente e o río Ribeiriña. Hai bastantes camiños e rutas polas cales se pode pasear ou facer sendeirismo.

Pola parroquia pasa a vía da Prata do Camiño de Santiago, amais da estrada N-525 e a autovía A-52.

Ademais do núcleo de San Lourenzo existiu a aldea da Xestosa, despoboado na actualidade, pero do cal se conservan restos.

Economía A agricultura, malia non estar industrializada, ten certa relevancia: Ademais de froitos como a castaña, mazá, pera, figo, bévera, marmelo, pavía, kiwi, ou cereixa, hai outros produtos como a pataca, o millo, ou o centeo e outros cultivos hortícolas de menor extensión e relevancia.

Na parroquia hai unha canteira da que se obtén a pedra verdidourada, empregada para revestimentos de fachadas, casetas ou muros, e é usada tanto na zona como para a exportación. Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Lourenzo de Pentes

Parroquias da Gudiña

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares da Gudiña

Categoría:Parroquias da Gudiña Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo