A Axencia de Noticias Hawar (ás veces abreviado ANHA) (en árabe: وكالة أنباء هاوار) é un servizo de noticias kurdo en liña con sede en Al-Hasaka, Siria. O sitio comezou como un servizo xornalístico exclusivamente árabe. A Axencia de Noticias Hawar serve como a axencia de noticias oficial de facto de Rojava, Kurdistán sirio, e está vinculada ás Forzas Democráticas Sirias.

Propiedade, identidade e fiabilidade A propiedade da axencia de noticias Hawar é descoñecida. O nome de dominio do sitio web rexistrouse por primeira vez en agosto do 2012. A páxina do sitio sobre quen son só di simplemente "ANHA". Fontes da Oposición siria indican que a Axencia de Noticias Hawar está vencellada ao Partido da Unión Democrática (PYD), un partido esquerdas kurdo.

Idiomas O sitio web da axencia de noticias Hawar está nas linguas kurda, turca, árabe, rusa, inglesa e española.

Bloqueo en Turquía O regulador de telecomunicacións turco bloqueou o acceso a varias axencias de noticias en xullo de 2015. Cunha medida que foi descrita como unha acción de contraterrorismo, prohibíronse sitios de noticias baseados dentro e fóra de Turquía, como as páxinas web da Axencia de Noticias Hawar incluído Rudaw, a axencia de noticias Dicle, e Özgür Gündem.

Notas

Categoría:Axencias de noticias